Un raio derruba parte do tellado dunha vivenda de madeira en Vigo

Un raiou derrubou parte dun tellado dunha vivenda de madeira na rúa de Amaro, na parroquia de Cabral, en Vigo, sen causar feridos.

|

Un raiou derrubou parte dun tellado dunha vivenda de madeira na rúa de Amaro, na parroquia de Cabral, en Vigo, sen causar feridos.

Segundo indicou o 112, foi pasadas as 2,30 horas cando un dos residentes do inmoble chamou para indicar que todos estaban ben pero que non tiñan luz e que había importantes danos materiais.

A central de emerxencias deu aviso aos bombeiros municipais e á Policía Nacional e Local que se desprazaron até o punto.

ARDE UNHA CASA PREFABRICADA EN TOMIÑO
Por outra banda, ás 19,00 horas do sábado no lugar da Gandariña, en Tomiño, ardeu por completo unha casa prefabricada que estaba deshabitada.

Foi un particular quen chamou ao 112 Galicia para alertar de que estaba a saír fume polo tellado e por baixo da porta da vivenda.

Aínda que adoitaba ser frecuentada por algunhas persoas, os servizos de emerxencias comprobaron que non había ninguén no interior e procederon a apagar o incendio.

Neste operativo participaron os Bombeiros do Porriño, o GES da Guarda e a Garda Civil.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE