O PSdeG amaneza con denunciar á alcaldesa de Santiago ao fío da guerra civil socialista

Tensión no pleno de Santiago: os edís do PSdeG auséntanse por non abordar o paso a non adscritos dos expulsados. Ademais, votan co PP unha reprobación dun concelleiro de goberno. 


|

Archivo - Gonzalo Muíños, Mila Castro, Mercedes Rosón y Marta Álvarez en el ayuntamiento de Santiago.
Os díscolos socialistas- Gonzalo Muíños, Mila Castro, Mercedes Rosón e Marta Álvarez no concello de Santiago.



Os dous edís do PSdeG no Concello de Santiago, Gumersindo Guinarte e Marta Abal, ausentáronse este xoves do pleno municipal en protesta pola decisión de non incluír na orde do día o punto relativo á toma en consideración do paso a non adscritos dos concelleiros expulsados do partido. O Partido Socialista denuncia unha vulneración dos seus dereitos fundamentais e anunciou que os seus servizos xurídicos estudan todas as vías legais e xudiciais para defender os seus intereses.

 

Desde o PSOE compostelán acúsase directamente á alcaldesa, a nacionalista Goretti Sanmartín, de non incorporar o asunto no pleno, lembrando que os edís afectados foron expulsados hai xa varios meses. O propio líder socialista galego, Xosé Ramón Gómez Besteiro, lembroulle á alcaldesa que hai tempo que estas persoas non forman parte do partigo.

 

 

 

 

Ademais, segundo o PSdeG, a non realización por parte do secretario municipal dos trámites necesarios impide que os únicos representantes lexítimos do partido poidan asumir os seus cargos e actuar como portavoces legais ante a corporación municipal. Sublíñase que, mentres tanto, os expulsados continúan falando en nome do partido e presentando iniciativas coma se seguisen sendo a voz socialista no Pazo de Raxoi.

 

Pola súa banda, o Partido Popular, a través do seu portavoz Borja Verea, cualificou a situación como a descomposición en directo do pacto de gobernabilidade no consistorio, reprochando á alcaldesa a súa actitude ante as acusacións de vulneración de dereitos fundamentais por parte do PSdeG. Goretti Sanmartín, polo seu lado, esixiu ao PP que se centre e cíngase á orde do día, rexeitando provocar enfrontamentos e defendendo que se actuou conforme a todas as garantías legais. O certo é que ao comezo do pleno vivíronse escenas de confusión, coa alcaldesa nacionalista ofrecer a chamar por teléfono a Guinarte para ver que pasaba.

 

Os concelleiros expulsados han respondido cun comunicado no que piden desculpas aos veciños pola ausencia sen causa xustificada e sen notificación previa de Guinarte e Abal, a quen acusan de vulnerar as súas obrigacións como representantes públicos e de empregar o pleno como escaparate para presionar e alterar un procedemento tutelado polo secretario do Concello. Os díscolos argumetan que teñen dereito a defender e a que se respecten os prazos e garantías no proceso. Ademais, indican que todo o que falan ou presentan no pleno é a postura lexítima do PSdeG de Santiago porque, din, convidan a Guinarte e Abal ás reunións de coordinación, ás que hai meses que estes dous non acoden.

 

O goberno municipal (#BNG máis Compostela Aberta), pola súa banda, sostén que non se impide a representación lexítima de ningún grupo e que se está garantindo o respecto aos dereitos políticos de todos os membros da corporación. Explican que era necesario confirmar a finalización formal do procedemento para iniciar os cambios na composición do pleno, e que a notificación aos implicados realizouse pola vía ordinaria, respectando os prazos legais. O executivo local lamenta o nivel de tensión xerado e reivindica a súa estrita imparcialidade na xestión do conflito. Sanmartin argumenta que aínda non se esgotou o prazo legal dalgún dos dísculos para replicar ao informe do secretario municipal.

 

O conflito enmárcase nun proceso de expulsión que afecta a catro concelleiros socialistas, cuxa resolución definitiva foi comunicada en marzo, tras un enfrontamento interno por cuestións de disciplina e liderado no grupo municipal. Os edís expulsados manteñen a súa intención de acudir á xustiza para defender o seu dereito a seguir representando aos veciños de Santiago coas siglas socialistas, mentres o PSdeG insiste en que só Guinarte e Abal son os lexítimos portavoces socialistas na corporación.

 

Arriba a la izquierda la bancada socialista con dos asientos vacu00edos en el pleno de hoy
Arriba á esquerda a bancada socialista con dous asentos vacu00edos no pleno de hoxe

A situación segue aberta, cos prazos administrativos   en marcha, e co grupo municipal socialista que se presentou ás eleccións hoxe profundamente dividido no Concello de Santiago. De feito, na práctica, escindido.

 

 

 

 

Está por ver até que punto isto debilita ao Goberno, pois Sanmartín tiña que convencer antes a só un partido e agora, na práctica, debe negociar con dúas. Ademais, de fondo, existe o risco de que o PP se lance a unha moción de censura porque Bloque e Compostela Aberta están minoría, aínda que por agora Borja Verea descartou tal posibilidade. Por agora, hoxe os díscolos sumáronse ao PP para reprobar ao concelleiro de Facenda.

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE