Persoas con discapacidade intelectual limpan o Río Sarela nunha alianza verde entre Viaqua e Amicos

Fixérono como parte dunha acción de concienciación na que colaboraron a empresa galega de xestión de augas Viaqua, o colectivo de persoas con discapacidade intelectual Amicos e os nenos que participan estes días no campamento de verán da Fundación Universidade de Santiago.


|

Case un centenar de persoas reuníronse hoxe no Parque de Galeras de Santiago para limpar este espazo verde e o leito do río Sarela. 

 

Fixérono como parte dunha acción de concienciación na que colaboraron a empresa galega de xestión de augas Viaqua, o colectivo de persoas con discapacidade intelectual Amicos e os nenos que participan estes días no campamento de verán da Fundación Universidade de Santiago.

 

Xornada de voluntariado ambiental VIAQUA AMICOS USC
Xornada de voluntariado ambiental de VIAQUA,  AMICOS  e USC

 

 

Macarena Fernández do Prado reside no Fogar de Amicos en Comoxo (Boiro) e hoxe mostrábase moi contenta co resultado da experiencia.  “Achégame moita enerxía, e moita alegría porque me mostra que eu tamén teño talento para facer cousas” declarou a Galiciapress esta muller de 26 anos, que ademais destaca o plus que supón poder realizar a actividade xunto a menores "porque me encanta os nenos”. 

 

Pola súa banda, a xerente de Viaqua en Santiago explica que se busca “dar visibilidade á inclusión e ao coidado do medio ambiente, sobre todo da auga, destacando a importancia de coidala, porque é un recurso limitado en calidade e en cantidade”. Ana Tejeiro, ao fío da onda de calor,   lembra que é moi importante facer un uso responsable da auga, non só agora, cando tememos á seca, senón durante todo o ano.

 

 “É un recurso limitado e hai que facer un consumo responsable”, insiste. A experta pide a colaboración cidadá porque “todo o que se tira ao desaugadoiro practicamente chega á depuradora, moitos residuos como toalliñas ou bastoncillos provócannos avarías nas bombas que tratan eses residuos que aumenta os custos enerxéticos, tamén temos que usar máis reactivos químicos e en definitiva o usamos recursos que repercuten no medio ambiente”. 

 

Pola súa banda, o Responsable de área de alianza con persoas e empresas Miguel Beiro Caamaño destaca que este tipo de actividades serven para integrar ás persoas con discapacidade intelectual e darnos conta que “necesidades de apoio témolas todos, o único que varía é a intensidade e a frecuencia do apoio”.

 

WhatsApp Image 2022 07 14 at 10.20.16 PM
Carpa de Viaqua na xornada mediomabiiental / MV

 

“Para Amicos hoxe é un gran día no que fortalecemos e visibilizamos  a nosa alianza con Viaqua para construír futuros verdes e inclusivos”, engade. Puxo a Viaqua son un exemplo do apoio que necesitamos para lograr obxectivos comúns. Caamaño destacou que é importante que as axudas ás persoas con discapacidade flúan non só desde o sector público, tamén desde o privado.

 

Amicos é un colectivo de familiares e persoas con discapacidade que leva décadas traballando sobre todo na área do Barbanza, onde Viaqua tamén está presente, pois xestiona a auga de Ribeira. É unha ONG que non só atende a centenares de persoas, tamén as forma e intégraas laboral e socialmente. 

 

 

 

VOLUNTARIADO VERDE

A iniciativa deste xoves está  enmarcada dentro do programa europeo Limpemos Europa de Viaqua e do proxecto Re-Mar da Asociación de Amigos, ten como obxectivo sensibilizar á cidadanía sobre a importancia do consumo responsable e o impacto dos residuos que xeramos no medio ambiente onde vivimos. 

 

Para iso, o persoal voluntario de Viaqua transmitiu aos participantes consellos sobre como
facer un uso responsable da auga no fogar e que produtos non debemos tirar polo inodoro,
como toalliñas, palitos e compresas, entre outros, que desembocan en ríos como o Sarela, que agora loce máis limpo grazas ao labor dos voluntarios mediomabientales de Amicos.

 

Residuos recollidos VIAQUA AMICOS USC (1)
Residuos recolleitos 


 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE