Adxudicado o proxecto e a dirección de obra da fase final do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol

O contrato, adxudicado á empresa López Fando e Asociados, S.L.P, asinarase a finais deste mes de xullo ou a principios de agosto, segundo indicou a Xunta nunha nota de prensa.
 


|

Hospital Ferrol
Hospital Ferrol

 

 

A Xunta adxudicou por 3,8 millóns de euros a redacción do proxecto e a dirección de obra da fase final do Plan director do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF). O orzamento estimado das obras da fase final sumado á fase previa do Hospital de Ferrol alcanzaría os 87 millóns de euros.

O contrato, adxudicado á empresa López Fando e Asociados, S.L.P, asinarase a finais deste mes de xullo ou a principios de agosto, segundo indicou a Xunta nunha nota de prensa.

En relación aos prazos de execución das obras, "estímase en 12 meses para os traballos previos e en 36 meses para a fase final", cabe destacar que a superficie de actuación é de 5.747 m2 no Hospital Naval, e de 35.366 m2 no Hospital Arquitecto Marcide para esta fase final.

O obxectivo é afrontar actuacinoes das fases dúas e tres do Plan Director do complexo hospitalario, entre elas, a renovación da hospitalización existente no Arquitecto Marcide; o bloque cirúrxico, tanto no hospital Naval como no Marcide; ou as novas consultas externas. Tamén se inclúen outras intervencións como o Hospital de día onco-hematolóxico, a unidade de dor e os laboratorios. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE