A Xunta promete solucións pronto contra as agresións tras a advertencia do persoal do CHUAC
A xerencia da área sanitaria da Coruña e Cee reiterou que as medidas contra agresións a persoal do ámbito sanitario están "terminadas ou en fase de execución", en resposta ás críticas a este respecto desde a Comisión de Centro nunha xornada de nova mobilización.
Nun comunicado, e ante a denuncia de falta de información, asegura que periodicamente informa os órganos de representación dos traballadores do desenvolvemento das medidas propostas.
"Hoxe mesmo reúnese o Comité de Seguridade e Saúde Laboral que é o órgano competente e mañá está convocada a Comisión de Centro", insiste a este respecto.
Sobre as medidas, incide en que se incrementaron os efectivos de seguridade nos servizos de urxencias, ademais de estar conformados grupos de traballo para a revisión e actualización de protocolos, entre outras iniciativas.
Escribe o teu comentario