O Congreso trata de impulsar a Lei do ELA para mellorar a calidade vida de miles de enfermos
O texto chega á Cámara cun sorprendente atraso xa que foi Cidadáns, forza que xa nin sequera ten representación parlamentaria, o grupo encargado de presentalo no hemiciclo. Agora, anos despois, son PP, PSOE, Sumar e Junts os que alcanzaron un pacto para pór en marcha esta norma que beneficiará a miles de afectados.
O PP, PSOE, Sumar e Junts chegaron a un acordo para fixar definitivamente o texto da Lei para mellorar a calidade de vida de persoas con Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA), que finalmente contempla tamén outras enfermidades ou procesos neurolóxicos de alta complexidade e curso irreversible.
Así, o vindeiro mércores 18 de setembro rexistraranse as emendas que concretan o acordo; despois, terán que discutir en relatorio e, máis tarde, o texto presentarase en comisión. O obxectivo é que se aprobe no pleno do Congreso en outubro e, finalmente, pase polo Senado, onde previsiblemente se aprobará por maioría.
Escribe o teu comentario