Conducir durante unha onda de calor, un risco que se pode combater seguindo os consellos de Quirónsalud

Expertos fan unha serie de recomendacións para evitar problemas ao volante.


|

Conducir verano
Foto: EP

 

Por fin parece verán en Galicia. O termómetro así o indica, para desasosego dos moitos que levamos mal a calor. O bochorno é molesto, pero pode chegar a ser perigoso. Sábeno ben os condutores porque manexar a certas horas pode ter consecuencias similares ás que ten o consumo de alcol. Con calor podemos ser máis propensos a cometer erros ao colante, incide o doutor Fulgencio Molina, de Quirónsalud, que lembra unha serie de recomendacións.

 

"O problema radica en que o exceso de temperatura que captamos na nosa superficie corporal transmítese a unha área do noso cerebro denominada hipotálamo. Esta glándula, ademais de regular a nosa temperatura corporal, cumpre outras funcións como control dos nosos estados de ánimo, modula o soño e permite a capacidade de reacción ante certas circunstancias inesperadas", detallan desde Quirónsalud no seu comunicado.

 

Molina agrega que a calor "#afecto ás funcións de dita glándula e é capaz de provocar fallos na condución, que se manifestan como fatiga, cansazo, somnolencia, agresividade e mesmo diminución a capacidade de concentración e de atención, o que limita os tempos de reacción ante unha circunstancia determinada".


Os mellores momentos para conducir son á primeira hora da mañá ou a última da tarde, sempre coa luz solar. Ademais, é axeitado ventilar o coche, usar parasois ou aparcar en sombra se é posible, hidratarnos con frecuencia, usar lentes de sol, non usar sanadalias nin chanclas, evitar as comidas copiosas e descansar cada dúas horas aproximadamente. 

 

Por outra banda, en caso de sinistro, desde Quirónsalud recalcan que debe acudir sempre a un especialista para unha valoración médica urxente, "sexa cal for a gravidade que presenten as súas lesións". "O 50% prodúcense na columna vertebral polo mecanismo do denominado lategazo cervical, seguidas de lesións dorsais e lumbares, que representan un 30% das contusións producidas a nivel vertebral", apunta Molina.

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE