Detido un sanitario en Vigo por presuntamente agredir sexualmente a unha paciente

A Policía Nacional detivo en Vigo a un sanitario pola suposta comisión dunha agresión sexual a unha paciente nun centro hospitalario da cidade olívica.

 

 


|

O investigado foi detido pola Policía Nacional en Vigo, despois de, ao parecer, agredir sexualmente a unha paciente dun hospital vigués- 

 

Tras a detención, e logo do seu paso a disposición xudicial, foi posto en liberdade. Sobre el pesa unha orde de afastamento da denunciante.

 

Policu00eda Nacional
Foto: EP

 

A Policía Nacional detivo en Vigo a un sanitario pola suposta comisión dunha agresión sexual a unha paciente nun centro hospitalario da cidade olívica.

Segundo fontes da investigación consultadas por Europa Press, o profesional aproveitaría a realización dunha proba médica para exceder cunha paciente.

Estes feitos motivaron á vítima a denunciar, polo que finalmente foi detido. Tras o seu paso a disposición xudicial, foi posto en liberdade cunha orde de afastamento da muller, aínda que continúa investigado.

Así mesmo, outro home tamén pasou a disposición xudicial este fin de semana en Vigo por supostamente abusar dunha adolescente. Do mesmo xeito que o anterior home, foi posto en liberdade con orde de afastamento, segundo confirman as mesmas fontes. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE