Dous anos coas oposicións da Xunta aprobadas e aínda sen traballo, denuncian opositores da OPE de 2019

Alertan que xa pasaron catro anos desde a convocatoria e dúas desde os exames pero que aínda non saíron as baremacións de varias categorías.


|

Ademais de protestar hoxe no Parlamento de Galicia, os afectados lanzaron unha petición en Change.org que rolda os 700 apoios na que aseguran que "pisan os nosos dereitos" e que a Xunta os ignora.

 

"Agora sacan unha nova convocatoria sen resolver a anterior, o que significa que todo o noso esforzo non vale para nada", denuncian.

 

Concentración este martes frente al Parlamento de Galicia.
Concentración de opositores este martes fronte ao Parlamento de Galicia.

Un grupo de opositores, aprobados da Oferta Pública de Emprego (OPE) da Xunta de 2019, concentrouse este martes fronte ao Parlamento de Galicia, coincidindo co Pleno da Cámara, para pedir axilidade nos procesos selectivos, aínda sen concluír.


Entre os afectados por esta situación hai opositores de diferentes categorías que van desde psicólogos e educadores sociais a bombeiros forestais ou auxiliares de enfermaría.

Como portavoz da plataforma organizadora, Manuel Bóveda, explicou a Europa Press que "ninguén dá resolucións a esta situación" e que "con esta OPE desde 2019 sen terminar o proceso, convocaron unha nova en abril e agora outra de consolidación".

 



Bóveda subliñou que no canto de levar a cabo os procesos "de forma graduada e ben, mestúrano todo". Así, destacou que "o problema é que hai persoas cunha OPE aprobada que están sen traballo".

SITUACIÓN DOS AFECTADOS
Nesta liña, a técnica de auxiliar de enfermaría Salomé López explicou que, no seu caso, "aínda se está á espera da lista definitiva de méritos". Así, insistiu en que eles "xa cumpriron" e agora é a Xunta "a que ten que facer o seu traballo".

Deste xeito, apuntou que "non é normal que as prazas estean cubertas persoal temporal cando se está esperando a por elas". López recalcou que "están a perder moito diñeiro, tanto en soldos como en trienios" e apuntou que poderían estar "a piques de cobrar a carreira profesional, que son cinco anos".

Así mesmo, no colectivo de bombeiros forestais, outro dos afectados, explicaron que en 2019 abriuse o proceso colectivo, algo que levaba sen suceder desde 2003. "O exame foi en novembro de 2021 e aínda non hai unha resolución de méritos para optar ás prazas", sinalaron.

O colectivo explicou que "mentres a administración non avanza e o proceso selectivo segue sen resolver", ven, ademais, "noutro proceso, que é o de estabilización".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE