A Xunta regala licenzas de caza a maiores de 65 anos e deixa de ingresar máis de 200.000 euros nas arcas públicas

A Lei de Acompañamento que tramita o Parlamento de Galicia inclúe a gratuidade das licenzas de caza aos maiores de 65 anos, un grupo que, xunto cos menores de 18, representaron 11.000 das 35.900 licenzas de 2021.

 


|

A Lei de Acompañamento que tramita o Parlamento de Galicia inclúe a gratuidade das licenzas de caza aos maiores de 65 anos, un grupo que, xunto cos menores de 18, representaron 11.000 das 35.900 licenzas de 2021.

 

Os maiores de 65 anos deixarán de pagar unha cota anual de 15,43 euros, o que supón, segundo as contas da Fundación Franz Weber, deixar de percibir máis de 210.000 euros. 
 

Cazador
Foto: EP

 

O pasado luns o Parlamento de Galicia, onde o PPdeG goza de maioría absoluta, despachou dunha plumada todas as emendas que os demais grupos fixeran á Lei de Acompañamento que pretende impulsar a Xunta de Galicia. O texto proseguirá a súa tramitación na Cámara, polo que as medidas fiscais e administrativas que contempla o Goberno de Galicia seguirá o seu curso de forma inalterada. 
 

A Lei de Acompañamento foi especialmente criticada desde as bancadas do #BNG e o #PSdeG, xa que isto supón modificar 34 leis e 9 decretos dun só golpe, algo “antidemocrático” para o entender dos nacionalistas. Rebaixas do imposto de patrimonio, un “agasallo fiscal para os máis ricos”, cambios do estatuto do empregado público sobre a temporalidade…son moitas as modificacións que, como advirten os grupos animalistas, benefician o “lobby da caza”.


MILES DE EUROS QUE DEIXAN DE INGRESAR

Segundo a denuncia da Fundación Franz Weber, a decisión da Xunta supón favorecer a expedición de licenzas aos maiores de 65 anos de forma gratuíta, o que provoca que a administración galega deixe de ingresar máis de 210.000 euros, beneficiando a uns 14.000 cazadores que pagaban unha cota anual de 15 euros. 

 

En concreto, son 15,43 euros ao ano o que debían abonar os maiores de 65 anos. Nas memorias da Federación Galega de Caza correspondentes ao ano 2021 eran 35.900 as licenzas de caza concedidas e 19.560 federados. No entanto, nas contas da Federación mestura aos maiores de 65 anos cos menores de 18, polo que é imposible precisar cantos son maiores de 65
 

Foron máis de 11.000 as licenzas concedidas neste tramo de idade ao longo de todo o ano pasado, o que se traduce nun ingreso próximo aos 170.000 euros se consideramos que os maiores de 65 anos son unha ampla maioría. 


As cifras do non recadado son aínda maiores si cabe si temos en consideración que este non é o único aforro, xa que os orzamentos da Xunta tamén contemplan liberar do pago de 10,26 euros para as licenzas de cetraría, caza con arco ou con cans.  


"ENÉSIMO FAVOR" 

Desde a Fundación tachan este movemento da Xunta como “o enésimo favor a un sector fortemente subvencionado” nun momento de crise. “Para os naturalistas non existe xustificación algunha para este obsequio a un sector que xa conta con importantes subvencións públicas, desde os convenios nominativos coa Consellería de Medio Ambiente e a Secretaría Xeral para ou Deporte que levan cantidades superiores aos 50.000 euros anuais até as convocatorias para cotos de caza, que este ano superarán os 500.000 euros”, reprochan.
 

Nese sentido, deixan entrever o “interese” da Xunta por “desregular a caza en Galicia”, abaratando os custos dos seus participantes “sen esixir medidas de control adicionais, como a generalización dos controis de alcoholemia ou prohibir o acompañamento de menores de calquera idade”, reclamacións dos grupos animalistas levan anos reiterando. 

 

Mentres a inflación axexa a miles de familias galegas, que ven con dificultade a súa vida diaria e a adquisición de produtos de primeira necesidade, o executivo autonómico regalará outros centos de miles de euros a quen se dedican a disparar animais os fins de semana”, lamentan desde a Fundación sobre un colectivo que representa “menos do 2% da poboación total de Galicia”. 


 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE