O 70% dos exemplares de animais salvaxes desapareceron no último medio sigo

Recuperar para a natureza espazos explotados para a agricultura e a gandería, consumir menos e máis produtos de proximidade son algunhas das solucións para paliar esta ameaza existencial para a humanidade.


|

Arquivo - Lobo ibérico.
O  lobo ibérico é de lonxe a especie de animal salvaxe máis controvertida e perseguida dos montes de Galicia

 

As poboacións de animais silvestre da Terra esborralláronse nunha media do 69% en pouco menos de 50 anos. Así o indica o Living Planet Report que a WWF e a Sociedade Zoológica de Londres publican cada dous anos.

 

Se se mira en profundidade, as especies que viven en auga doce (ríos, lagos,...) son as que sufriron un maior descenso no seu número de exemplares desde a década de 1970, cando se empezaron a recoller estes datos.

 

POR QUE SE PERDE A BIODIVERSIDADE?

 

O informe explica que a pesar de que "a biodiversidade, a variedade da vida na Terra, nos proporciona servizos esenciais para o benestar humano" como roupa, alimentos e medicinas, a acción do ser humano fai que "a estamos a perder a unha velocidade alarmante".

 

A ONG mediambiental e a sociedade zoológica apuntan, como causas, aspectos como o cambio climático (que ameaza especies terrestres e mariñas), o impacto da industria da alimentación e que "a nosa relación coa natureza está rota", entre outras.

 

Neste sentido, Marco Lambertini, director xeral de WWF Internacional, apunta que "a nosa sociedade atópase na encrucillada máis importante da historia, enfrontándose ao desafío de realizar un cambio profundo do que veu sendo". O italiano, que ocupa o cargo desde 2014, apunta que "quizais a máis existencial de todas estas cuestións é revisar como nos relacionamos os seres humanos coa natureza".

 

Catalunyapress grafwwf
Foto: WWF

 

Á parte do punto de vista das entidades responsables do Living Planet Report, a Plataforma Intergobernamental de Ciencia e Política sobre Biodiversidade e Servizos dos Ecosistemas (IPBES) identificou cinco indicadores claves na perda de biodiversidade. Son os cambios no uso do mar e a terra, a explotación directa dos organismos, o cambio climático, a contaminación e as especies invasoras.

 

E As SOLUCIÓNS?

 

Pero do mesmo xeito que os expertos fan unha diagnose da situación, aseguran tamén que as solucións están ao noso alcance. Neste sentido, a ONG mediambiental e a sociedade zoológica afirman que "os últimos estudos mostran que se non facemos grandes esforzos para contrarrestar a perda de especies e a degradación do hábitat, seguiremos perdendo dramaticamente a biodiversidade mundial".

 

Con todo, apuntan que "para logralo serán necesarios moitos esforzos en conservación e unha produción e un consumo máis sostible". Ademais, sosteñen que "ningunha destas accións por si soa é suficiente", senón que é necesario traballar de forma transversal e a todos os niveis.
 

Catalunyapress grwwf
Foto: WWF

 

Se as tres acciones levan a cabo á vez, "veremos que a perda da natureza pode ser reversible, e selo á velocidade que necesitamos".

 

Neste sentido, WWF e a Sociedade Zoológica de Londres apuntan que "os líderes mundiais teñen unha oportunidade de vital importancia para reverter a destrución da natureza e asegurar un mundo cunha natureza en positivo, que beneficiará ás persoas e ao planeta". Dentro de dous meses, en decembro deste 2022, na conferencia de biodiversidade da ONU (COP 15), os líderes mundiais decidirán cales van ser os esforzos para recuperar a biodiversidade durante a próxima década

 

A WWF esixe aos gobernos dos grandes estados "que intensifiquen a ambición e propoñan un plan integral e baseado na ciencia listo para ser posto en práctica con urxencia".

 

O DEREITO A UN MEDIO AMBIENTE SAN

 

O coidado do planeta non unicamente é un dereito abstracto, senón que é algo que ha chegado a entidades como as Nacións Unidas. En 2021, a ONU recoñeceu o dereito a vivir nunha contorna limpa, san e sostible como un dereito universal. Por tanto, xa non é unha opción para os que gobernan, é unha obrigación. 

 

Catalunyapress graficwwf
Foto: WWF

 

De feito este tipo de declaracións de intencións existen nalgúns países do mundo desde hai décadas. Costa Rica, por exemplo, engadiu o dereito a un ambiente san á súa constitución en 1994. Neste sentido, as enerxías renovables agora supoñen o 99% do seu mix eléctrico, as súas leis prohiben a minería ao descuberto e o desenvolvemento de petróleo e gas e os impostos ao carbono pagan aos Pobos Indíxenas e agricultores para restaurar os bosques, que xa duplicaron o seu tamaño.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE