Covid Galicia: a transmisión, e agora tamén a hospitalización, están á alza aínda que en niveis baixos

Os últimos datos oficiais da covid en Galicia mostran que os contagios seguen cunha tendencia á alza pouco pronunciada, aínda que relevante.

 


|

E0E5V incidencia acumulada a 7 d as en galicia (3)

 

Iso si, os niveis de contagios continúan sen ter nada que ver coa masiva transmisión da primavera e principio do verán.

 

 

 

 

 

A derivada da curva de casos activos creceu de maneira moi importante nos últimos días, o que apunta a que a cantidade de enfermos está a crecer de forma significativa, non estamos ante un repunte puntual se non dunha tendencia á alza que se está consolidando. A dúbida é se desenvocará nunha nova onda, que por agora non se está producindo.

 

 

 

 

 

 

 

Os hospitalizados en Galcia en relación á pandemia de coronavirus aumentaron, unha xornada máis, e sitúanse nos 124, mentres que os casos activos seguen subindo, ata os 1.613 (+188).

 

 

Así o reflicte o último parte proporcionado coa Consellería de Sanidade, con datos ata as 18,00 horas deste xoves e que apunta que, en 24 horas, detectáronse en Galicia 157 positivos, 16 menos que a xornada anterior.

En canto aos hospitalizados, as persoas en planta incrementáronse en oito, ata as 120, e hai catro persoas en coidados intensivos, unha máis que o día anterior.

Por áreas sanitarias, a que máis pacientes ten é a da Coruña, con 38 en planta e un en UCI, mentres que a de Vigo e a de Ourense teñen os mesmos enfermos: 19 en planta e un en coidados intensivos. A área de Pontevedra ten 15 pacientes en hospitalización convencional e un en UCI, mentres que a de Santiago ten a 14 pacientes no hospital.

Finalmente, a área de Lugo baixou ata os 10 pacientes en planta, mentres que a de Ferrol repunta lixeiramente, ata os 5 enfermos en hospitalización convencional.

CASOS ACTIVOS
En relación aos casos activos e novos positivos, os primeiros han repuntado de forma xeral en todas as áreas sanitarias.

A que máis casos ten volve ser a da Coruña, con 364 e 43 positivos, seguida da de Santiago, con 271 casos e 26 positivos; e da de Ourense, con 270 casos activos e 28 positivos. Pola súa banda, a área sanitaria de Vigo ten 229 pacientes e 14 positivos en 24 horas.

Por baixo dos 200 casos está Lugo, con 192 activos e 22 positivos; Pontevedra, con 169 casos e 14 positivos, e Ferrol, con 118 casos e 10 positivos.

Desde o inicio da pandemia, resultaron contaxiadas en Galicia 678.901 persoas e superaron a enfermidade 673.479, mentres que faleceron con covid 3.918 persoas.

Por outra banda, realizáronse case catro millóns de probas de detección PCR, case dous millóns de probas de antígenos, e 1,6 millóns doutro tipo de probas. Con respecto ás vacinas, fornecéronse algo máis de 6,7 millóns de doses.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE