Centros de saúde da Costa da Morte sen suficiente persoal para as campañas de vacinación, denuncia 'Pediatras e Matronas Xa'

A paltaforma denuncia que faltan tres puericultores en Muxía, Dumbría e Fisterra e que Cee está "sen enfermeira" cando está a piques de comezar a campaña de vacinación contra a gripe e a repesca da Covid-19.

 


|

A paltaforma denuncia que faltan tres puericultores en Muxía, Dumbría e Fisterra e que Cee está "sen enfermeira" cando está a piques de comezar a campaña de vacinación contra a gripe e a repesca da Covid-19. 

 

Representantes de 'Pediatras e Matronas Xa' estarán este sábado en Camariñas recollendo firmas para apoiar a IPL presentada por 'SOS Sanidade Pública' para esixir un reforzo en Atención Primaria. 

 

WhatsApp Image 2022 10 07 at 08.20.59
WhatsApp Image 2022 10 07 at 08.20.59

 

Como veñen facendo en xornadas pretéritas, membros da plataforma ‘Pediatras e Matronas Xa’ volven saír á rúa, esta vez coa intención de recoller firmas para impulsar a Iniciativa Lexislativa Popular ideada pola organización ‘SOS Sanidade Pública’ coa que pretenden fortalecer a Atención Primaria na comunidade coa posta en marcha dunha serie de medidas "urxentes" para mellorar o servizo.

 

Nesta ocasión e “despois do éxito en Cee, Fisterra e Muxía” cultivado hai unhas semanas, a organización estará presente en Camariñas este sábado 8 de outubro, desde as 10 horas e ata as 13 horas, no Mercado da localidade camariñá. Ao tempo, agregan que en ‘Confeccións Noelia’ de Fisterra “dispoñen no seu establecemento de pregos para asinar para quen se queira pasar”. 

 

 

PERSOAIS EN MÍNIMOS

Coincide a recollida con “un momento crítico” en toda a Costa da Morte, cos concellos de Muxía, Dumbría e Fisterra “sen puericultor”, “sen enfermeira en Cee”, e todo nun contexto no que os centros de saúde prepáranse para iniciar a campaña de vacinación contra a gripe e para recibir aos maiores de 85 anos da repesca na chamada do SERGAS para a cuarta dose contra a Covid-19. 

 

Os sanitarios están profundamente preocupados porque xa ven a que se lles vén encima, e sen persoal non se pode dar demanda a todo”, trasladan desde ‘Pediatras e Matronas Xa’. “Estamos tentado que máis institucións, asociacións e comercios colaboren en todos os concellos para dispoñer dun lugar de firmas permanente para a xente que non pode asistir cando poñemos nas mesas nos diferentes concellos”, engaden sobre unha IPL que xa conta co respaldo de diversas organizacións, pero tamén de sindicatos e forzas políticas.  


 

Asinas pediatras e matronas xa
Recollida de firmas de 'Pediatras e Matronas Xa'

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE