Animalistas convidan a Rueda a visitar un refuxio de cans de caza maltratados, esquecidos na Lei de Protección

A Fundación Franz Weber demanda a presenza do titular da Xunta nalgún dos moitos refuxios nos que atenden aos cans de caza maltratados.

 


|

A Fundación Franz Weber demanda a presenza do titular da Xunta nalgún dos moitos refuxios nos que atenden aos cans de caza maltratados.

 

A pesar de que diversos estudos reflicten que a caza é “a segunda causa de abandono de cans”, a Lei de Protección dos Animais non contempla os mesmos dereitos para os cans de caza que para as demais mascotas.

 

Galfo abandonado
Foto: EP

 

En 2020 foron abandonados en España preto de 280.000 cans e gatos. Así o contemplan os estudos da Fundación Affinity, que lembra que a caza é “a segunda causa principal de abandono de cans no Estado español”. A pesar destas dramáticas cifras, a Lei de Protección dos Animais outorga unha condición distinta aos cans de caza, dándolles unha categoría distinta aos demais animais domésticos. 

 

Só en Galicia, o número de cans descartados para a caza e abandonados cóntanse por centos, segundo as contas da Fundación Franz Weber. É por isto que a plataforma convida o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a visitar algún das canceiras municipais “animais para comprobar in situ as consecuencias da caza sobre os cans, moitos maltratados e descartados pola súa suposta falta de capacidades para a devandita actividade”. 

 

 

Neste sentido, os cans de caza non só son abandonados, senón que sofre malos tratos e son forzados a criar “para vender camadas sen cumprir cos requisitos legais mínimos” ou, no peor dos casos, son “lanzados a pozos ou ríos para facelos desaparecer”. 

 

Sendo vicepresidente da Xunta apoiou unha Lei que non discrimina nin segrega aos cans segundo a súa actividade”, lembra a Fundación, que reprocha o cambio de rumbo do mandatario que no seu día “acabou co uso de fauna silvestre en circos e prohibiu prácticas crueis como o tiro ao pichón”. 

 

Á vez que denuncia o apoio do PPdeG a “un sector ultraminoritario” e de encartarse “ao lobby procaza” que ten como obxectivo “tombar un Proxecto de Lei de Protección dos Animais pioneiro en todo o Estado, e que está chamado a combater dunha forma máis eficaz os casos de abandono e malos tratos que manteñen a España neste triste liderado no marco da Unión Europea”. 

 

O PSOE, NO OLLO DO FURACÁN

Con todo, os populares non son os únicos sinalados, xa que culpan ao PSOE de presentar “unha emenda que discriminaría aos cans explotados en cacerías” a eliminalos “do marco de protección polo mero feito de ser dedicados ás mesmas sen que exista un aval científico, xurídico nin ético, algo ao que parecen sumarse o PP e a ultradereita”.

 

 

No lado contrario atópanse outras forzas presentes no Congreso dos Deputados como Máis País, BNG, Bildu ou Esquerra, cos que xa se reuniu a Fundación, que proxecta encontros en próximas datas con Unidas Podemos, CUP e Cidadáns.

 

“A FFW entregou aos deputados e deputadas das formacións un documento con propostas de emenda entre as que se atopa o fin das granxas de visóns, cuxo veto desaparece do actual Proxecto de Lei, avances para impedir o abandono e os malos tratos, e unha serie de medidas que exporían cambios de profundidade no texto”, explican, á vez que reclaman “unha fronte política e social”, algo que tamén buscan desde PACMA, que convocaron mobilizacións ante sedes do PSOE nunha ducia de cidades este venres 30 de setembro ás 19 horas, entre elas Pontevedra e A Coruña. 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE