A Covid-19 segue retrocedendo en Galicia, con todas as áreas sanitarias por baixo dos 500 casos activos

A melloría na comunidade galega mantense no tempo e sen grandes novidades. Non se pode falar dun proceso de estabilidade ou planicie porque moitos indicadores seguen mellorando día a día pero, o que si se pode afirmar, é que nada parece indicar que poida haber un pronto rebrote da enfermidade. Un exemplo disto atopámolo botando unha rápida ollada ás áreas sanitarias: todas e cada unha atópanse por baixo do medio milleiro de casos activos. A última en rebaixar esa cifra, a da Coruña, tiña hai xusto un mes 3.009 casos, máis de 808 casos máis dos que ten hoxe toda a comunidade, que conta con 2.201 persoas coa enfermidade activa.

 


|

A melloría na comunidade galega mantense no tempo e sen grandes novidades. Non se pode falar dun proceso de estabilidade ou planicie porque moitos indicadores seguen mellorando día a día pero, o que si se pode afirmar, é que nada parece indicar que poida haber un pronto rebrote da enfermidade. 

 

Un exemplo disto atopámolo botando unha rápida ollada ás áreas sanitarias: todas e cada unha atópanse por baixo do medio milleiro de casos activos. A última en rebaixar esa cifra, a da Coruña, tiña hai xusto un mes 3.009 casos, máis de 808 casos máis dos que ten hoxe toda a comunidade, que conta con 2.201 persoas coa enfermidade activa. 

 

Os algarismos son, de xeito evidente, prometedores. Hai que remontarse ao outono de 2021 para atopar un escenario semellante. A taxa de letalidade tamén empeza a esborrallarse a medida que se baleiran os hospitais, que hoxe experimentan outro importante descenso, con 16 camas ocupadas menos en 24 horas.

 

 

A incidencia acumulada semanal baixa ata os 4ou positivos por 100.000 habitantes. Seguimos baixando neste apartado, coa mellor cifra desde mediados de novembro de 2021. A incidencia acumulada a 14 días tamén aguanta á baixa porque é un índice menos proclive aos cambios de rumbo. Cando esta incidencia empece a crecer, será cando esteamos seguros de que a melloría se ha terminado. Hoxe está en 124 casos por cada 100.000 habitantes. 

 

O esborralle percíbese sensiblemente na razón de taxas, xa que pasa do 0,98 do sábado ao 0,64 de hoxe. Este capítulo marca o seu mellor ritmo desde marzo. Isto débese a que a semana pasada o ritmo retardouse notablemente, pero a melloría pronunciada destes últimos días acelerou, o que se reflicte en que na última semana houbo un 36% de positivos menos que na penúltima. 

 

 

Por outra bana, a taxa de positividade empeora hoxe con respecto a onte. Non é sorprendente, xa que o verdaderaente inusual era a cifra que lanzaba onte, por baixo do 10%. Hoxe atópase no 18%, case o dobre que onte, pero segue sendo un moi bo dato se o comparamos coa situación que ofrecía hai un mes. A que segue baixando é lamedia semanal, que tamén goza dunha tendencia aguanta á baixa. Atópase no 21,48%, un descenso de máis dun punto e medio nun só día. 

 

A positividade é alta? Si, pero representa a metade do que marcaba xustamente hai un mes. Pola outra banda, cabe destacar que apenas se están realizando PCR, con 538 test practicados onte, que aínda así representan a cifra máis alta no últimos sete días. 

 

TRES CAMBIOS DE MÉTODO ESTES MESES

Hai que lembrar que co sistema implantado, só fanse probas a persoas maiores de 60 e colectivos especialmente vulnerables, enfermos de cancro ou asmáticos, por exemplo. Tamén ha profesionais sanitarios e traballadores de residencias.

 

Agora tampouco se suman os positivos de autotest caseiros, que eran maioría no anterior sistema. Isto provoca que os índices de sexan moitísimo máis baixos do que é a transmisión real. 

 

O cambio de método de seguimento da transmisión produciuse a finais de marzo. Houbo outro cambio de forma de contar posterior, en hospitalización. O SERGAS reduciu o número de días que unha hospitalizado conta como enfermo de covid. Isto reduciu artificialmente a cifra de hospitalizados executouse na penúltima semana de abril.

 

Nos últimos meses houbo un terceiro cambio estatístico produto da polémica estratexia de 'gripalización', en falecementos. A finais de maio a Xunta deixou de contar todos os mortos con covid. O SERGAS agora só informa dos decesos nos que considera que o coronavirus xogou un papel crave, algo que non deixa de ser moi subxectivo. Isto tamén provocou a rebaixa artificial da curva de falecementos.  

 

EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados descende hoxe un 4,4%, o que significa, en termos porcentuais, case a metade de onte. Sobre o papel son 102 casos activos menos só nun día. 

 

A media semanal segue caendo, pero non ao ritmo vertixinoso que experimentou a fin de semana. O descenso hoxe é de 0,08 puntos, ata quedar nun ritmo de baixada do -4,79%. É un ritmo pronunciado e que está a aguantar no tempo, que é o realmente relevante.

 

 

DATOS POR ÁREAS

Nesta xornada o máis significativo atopámolo ao mirar ás cifras das áreas sanitarias. A área da Coruña estaba onte con 507 casos activos. Era a única por encima do medio milleiro de casos, pero esta xornada produciuse o descenso mínimo para romper esa barreira: oito menos en 24 horas e 499 casos activos en total.  

 

Segue sendo, de longo, a área máis afectada. Suma máis casos activos que Ferrol -204- e Vigo -285- xuntas. Ourense, con 361 casos, e Santiago de Compostela, con 328, son as outras áreas que aínda non se atopan entre os 200 e os 300 casos, como si fan Lugo, 281, e Pontevedra, 224.

 

 

ANÁLISE ACTUAL E EVOLUCIÓN POSIBLE

Con estas estatísticas, a inferencia que se pode realizar é:

  • A rapidísima caída da transmisión da que gozamos desde finais de xuño parecía cambalearse, pero esta fin de semana deu un novo acelerón. Isto permite soster no tempo a "boa saúde" da pandemia en Galicia. Con todo, é importante recalcar o esforzo realizado durante estes meses polos profesionais sanitarias, extenuados e baixo mínimos nestes momentos. O seu labor é fundamental para que hoxe podamos celebrar estas cifras.
  • O que si se viu freada é a caída na presión hospitalaria, que hoxe colle algo máis de aire con 16 camas ocupadas menos nas áreas destinadas á atención dos enfermos de coronavirus, o que deixa o contador en 225. Hai 16 pacientes de Covid nas UCI. 
  •  

 

  • Por experiencias anteriores, é recomendable seguir extremando as precaucións mentres non se administra a cuarta dose aos grupos máis vulnerables. A pesar de todo, non hai nada que pode aventurar un cambio de tendencia ou un rebrote da enfermidade. 
  • De producirse unha nova onda, oxalá non sexa tan masiva como a anterior. Hai que ter en conta as elevadísimas cifras de mortes que deixou a de xuño. As cifras de decesos que estamos a ver estes días son produto daqueles contagios. Con dúas mortes máis, son 3.855 decesos, segundo as cifras oficiais da Xunta, desde o estalido da crise sanitaria. 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE