Dezaseis galegos están a morrer cada día por covid pero o pico de contagios e hospitalizacións xa pasaron

Os 840 casos abertos comunicados este venres son case a metade dos comunicados o venres pasado. A cantidade de test realizados os dous días é similar. Por tanto, a transmisión desta onda de coronavirus en Galicia segue esborrallándose de forma sorprendentemente rápida.  

 


|

 

Os 840 casos abertos comunicados este venres son case a metade dos comunicados o venres pasado. A cantidade de test realizados os dous días é similar. Por tanto, a transmisión desta onda de coronavirus en Galicia segue esborrallándose de forma sorprendentemente rápida.  

 

A caída da transmisión está a piques de acabar coa alza da presión hospitalaria nesta onda. Hoxe hai aínda máis hospitalizados que o venres pasado, pero a diferenza é mínima. 

 

O pico que non conquistamos aínda é o de defuncións. As 10 comunicadas hoxe implican que morreron 64 persoas por covid en Galicia en só catro días, é dicir 16 cada día. Unha proba irrefutable do masiva que foi a transmisión no pico da presente onda.
J2auD mortes con por covid en galicia (1)
J2auD mortes con por covid en galicia (1)

 

 

 

 

A incidencia acumulada semanal baixa por noveno día consecutivo.  A incidencia acumulada a 14 días tamén decrece por sexta xornada seguida. Caen, ademais, moi  rápido, aínda que os seus niveis aínda son moi altos. 

 

O dobre da incidencia a 7 días é cada vez menor a incidencia a 14 días.  A razón de taxas é dun sorprendente 0,74, por tanto na última semana houbo un   26% de positivos menos que na penúltima. Un verdadeiro esborralle que gaña e gaña velocidade.
 

Débese esta melloría a que o SERGAS realice menos test polas vacacións? Non, indican os datos oficiais. A cifra de PCRs diaria leva tempo estable ao redor dos 1.000 diarios. Por outra banda, claramente insuficientes para controlar a transmisión da pandemia pero suficientes para estimar que rumbo está a tomar. Como a taxa de positividade tamén está a baixar, aínda que segue en niveis enormes, por encima do 40%, podemos concluír que a caída dos diagnósticos corresponde cun retroceso real dos contagios.

 

TRES CAMBIOS DE MÉTODO ESTES MESES

Hai que lembrar que co sistema implantado, só fanse probas a persoas maiores de 60 e colectivos especialmente vulnerables, enfermos de cancro ou asmáticos, por exemplo. Tamén ha profesionais sanitarios e traballadores de residencias.

 

Agora tampouco se suman os positivos de autotest caseiros, que eran maioría no anterior sistema. Isto provoca que os índices de sexan moitísimo máis baixos do que é a transmisión real. 

 

O cambio de método de seguimento da transmisión produciuse a finais de marzo. Houbo outro cambio de forma de contar posterior, en hospitalización. O SERGAS reduciu o número de días que unha hospitalizado conta como enfermo de covid. Isto reduciu artificialmente a cifra de hospitalizados executouse na penúltima semana de abril.

 

Nos últimos meses houbo un terceiro cambio estatístico produto da polémica estratexia de 'gripalización', en falecementos. A finais de maio a Xunta deixou de contar todos os mortos con covid. O SERGAS agora só informa dos decesos nos que considera que o coronavirus xogou un papel crave, algo que non deixa de ser moi subxectivo. Isto tamén provocou a rebaixa artificial da curva de falecementos.  

 

 

EVOLUCIÓN DOS CASOS ACTIVOS

O total de infectados ascende hoxe un +0,5% pero este empeoramento é case irrelevante e non serve para deter a melloría do índice que realmente importa, que é o semanal. 

 

 

 

Os casos activos, desde unha perspectiva semanal, están a caer máis do 3% cada día. A evolución desta derivada indícanos que os infectados son cada vez menos e a velocidade de redución é cada día maior.

 

DATOS POR ÁREAS

 

Na curva de casos activos por distritos sanitarios apréciase que o cambio de tendencia a mellor está a producirse, afortunadamente, en todos os distritos. A habitual alza de casos activos que se dá sempre a principios de semana foi case irrelevante.

 

 


 

A Coruña (155) é a área máis poboada e a que, loxicamente, máis diagnósticos comunica hoxe. Ferrol, a máis pequena, é a única que non chega a 100 diagnósticos. A Coruña é a área con máis presión hospitalaria, con 10 enfermos críticos.

 

 

 

 

 

ANÁLISE ACTUAL E EVOLUCIÓN POSIBLE

Con estas estatísticas, a inferencia que se pode realizar é:

  • A pandemia está  retrocedendo rapidísimamente. Isto é sorprendente, porque os descensos das ondas afacían ser máis lentos que os ascensos. Nesta ocasión non está a suceder así.
  • A pesar da veloz melloría, os niveis de transmisión seguen sendo elevados. Non tan descomunais como no pico de hai unhas semanas, pero aínda moi altos. 
  • Galicia probablemente non baterá o pico de 910 hospitalizados en planta que tiña o martes. Os hospitalizados aínda crecen desde o punto de vista semanal, pero a curva está a piques de dobrarse. O SERGAS lograría capear outra crise.  
  • O problema da estratexia de gripalización é que estas últimas ondas estámolas capeando asumindo unha cifra de mortes que considerariamos do todo inadmisibles noutras circunstancias. A media de óbitos por covid na última semana supera os 5. Iso son 150 mortos por coronavirus ao mes e case 2.000 ao ano. Claro que eses 5 mortos ao día son só unha cuarta parte do que soportamos no peor momento da crise, cando, sen vacinas e con moitas restricións, chegaron a morrer unha media de 20 persoas ao día.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE