Accidente laboral en Lalín: morre un operario tras caer desde un guindastre en Goiás

A vítima caeu desde unha altura duns seis metros de altura. Os equipos de emerxencias non puideron facer máis que confirmar a morte do operario. 


|

Fotonoticia 20230530112909 1200
Imaxe de arquivo dun guindastre | Foto: EP

 

Un operario faleceu este venres en Lalín tras sufrir unha caída desde un guindastre duns seis metros de altura.

Tal e como informou o 112 Galicia, o accidente produciuse sobre as 14.40 horas no lugar da Igrexa, na parroquia lalinense de Goiás.

Até o lugar trasladáronse efectivos do GES de Lalín, axentes da Garda Civil, Policía Local e Protección Civil, así como os profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Aínda que nun primeiro momento os servizos sanitarios comunicaron que se ía a mobilizar un helicóptero medicalizado, finalmente foi anulado xa que o traballador faleceu no punto.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE