Desaparecido un pescador en Cabo Udra, en Bueu

Os equipos de emerxencias buscan a un pescador desaparecido na Punta de Cabo Udra onte pola noite


|

Bueu
Arquivo - Panorámica dunha praia de Bueu nunha imaxe de arquivo

Desde a noite deste pasado vienres medios por mar e terra inspeccionan a contorna na procura dun pescador desaparecido na zona do Cabo Udra, en Bueu.

Segundo informa o 112, a alerta de desaparición foi recibia esta tarde por parte da Policía Local e foi a parella do desaparecio a que comunicou ao corpo de seguridade a falta do home. Segundo relatou, saíra de casa cara ás 21:00 horas para pescar na Punta de Cabo Udra, no municipio pontevedrés de Bueu. Ante a falta de noticias, activouse un operativo de busca por mar e terra, do que aínda non hai novidades.

Tras o aviso ao persoal do 112, Salvamento Marítimo mobilizou varios recursos, como o helicóptero do Servizo de Gardacostas de Galicia e o Helimer. Tamén se sumou á procura unha embarcación da Garda Civil.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE