O PPdeG de Alfonso Rueda defínese ideológicamente: galeguista, reformista e centrista

Este é o primeiro Día Nacional de Galicia  con Alfonso Rueda ao volante do PPdeG. Aínda que o discurso non dista do enarborado durante o feijoismo, si hai cambios na posta en escena. No canto da tradicional homenaxe no Panteón de Galego Ilustres de Compostela -onde están enterrados Rosalía e Castelao- os conservadores escolleron Mondoñedo para declararse discípulos de Cunqueiro.


|

O PPdeG celebra en Mondoñedo (Lugo) o acto de conmemoración do Día de Galicia.
O PPdeG celebra en Mondoñedo (Lugo) o acto de conmemoración do Día de Galicia.


 

Os populares galegos celebraron este venres na localidade lucense de Mondoñedo o acto de conmemoración do Día de Galicia no que reivindicaron o "galeguismo integrador" do seu partido que, segundo destacaron, "pon o ben común e a vocación de servizo público por diante de protagonismos, egolatrías ou pelexas internas propias" como, ao seu xuízo, demostraron recentemente "culminando un importante e impecable proceso de reestruturación áxil e ordenado".

Nun manifesto, lido pola presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, a cuxa lectura asistiu tamén o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, e a secretaria xeral, Paula Prado, definiron a súa organización como "un partido centrado, ordenado, reformista e galeguista" que, á súa vez, "tivo e ten a responsabilidade de gobernar a construción da Galicia moderna que hoxe coñecemos".

Así mesmo, destacaron a súa "vocación de seguir situando Galicia cada vez con máis peso, importancia e presenza no mapa de España, Europa e o mundo".

 

Acto do PPdeG previo ao Du00eda de Galicia en Mondou00f1edo
Acto do PPdeG previo ao Du00eda de Galicia en Mondou00f1edo


 

FAMILIA COMÚN ESPAÑOLA
Ademais, subliñaron que o seu obxectivo é "só un: Galicia" e defenderon o "galeguismo integrador entendido desde a familia común dun partido nacional con vocación de Goberno en España que ao mesmo tempo é o que máis se parece a Galicia".
 

CUNQUEIRO COMO GUÍA
Por outra banda, segundo destacaron os populares nun comunicado, no acto puxeron en valor a figura e o legado do escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro. Así, resaltaron o "profundo galeguismo que impregnaba as mensaxes universais" do escritor.

Nesta mesma liña, insistiron en que Cunqueiro, "do mesmo xeito que os populares", "nunca someteu o seu ideario galeguista ás ideoloxías moitas veces contraditorias e sempre conflitivas da esquerda nin ás case sempre supremacistas dos distintos nacionalismos".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE