O mercurio conxélase en Calvos de Randín, que chega aos -10ºC nunha noite de alerta amarela por frío

Os municipios de Baltar, Verín e Xinzo de Limia baixan dos -6 e as xeadas esténdense pola maior parte do interior galego

 

 


|

Mañá xélida en toda Galicia, pero especialmente no sur de Ourense, onde os termómetros alcanzaron valores de -10ºC, pero na maioría roldando os 5ºC negativos.

 

Baltar, Verín e Xinzo de Limia atopáronse en -6ºC, pero a madrugada deste mércores pode ser igual ou mesmo peor nalgúns puntos da provincia auriense.

 

Vegetación afectada por las heladas en el concello de Sandiás, a 24 de enero de 2023, en Ourense, Galicia (España). Ourense ha amanecido hoy con temperaturas bajo cero en casi toda la provincia, especialmente en algunos puntos en los que se ha llegado a l
Foto: EP


Calvos de Randín volveu a marcar na mañá deste martes a temperatura mínima de toda Galicia ao descender até os 10 graos baixo cero. E é que todo o sur da provincia de Ourense mantívose de madrugada en alerta amarela por frío, con valores que chegaron a superar, á baixa, os 5 graos negativos.

De acordo cos valores extremos rexistrados por Meteogalicia , Calvos de Randín chegou aos -10 graos sobre as 8,20 horas da mañá, o que supón para o municipio unha nova marca no que vai de inverno.

Tamén se alcanzaron temperaturas moi baixas, inferiores a -7 graos, en municipios da mesma zona. Así, a estación meteorolóxica de Baltar marcou -7,6 ás 6,40 da madrugada e a de Vilela, no concello de Verín, -7,1 ás 8,40 horas.

En Xinzo de Limia, aínda que non chegou a baixar tanto, a estación notificou 6,3 graos negativos ás 9,00 da mañá; mentres que, en Vilariño de Conso, os medidores do Parque do Invernadeiro alcanzaron os 4,2 baixo cero ás 4,50.

O sur ourensán foi a zona de Galicia máis afectada polas xeadas da madrugada deste martes, na que Meteogalicia mantivo activada unha alerta amarela --até as 9,00-- por temperaturas que podían baixar e, de feito, baixaron dos -4. Esta situación replicarase este mércores.

Máis aló de Ourense, en zonas de montaña e do interior da provincia de Lugo tamén descenderon até alcanzar os -2,4 en Pedrafita do Cebreiro ás 6,20 horas e os -1,6 en Navia de Suarna ás 5,10.

 

PREDICIÓN PARA ESTE MARTES

Ao longo deste martes, Galicia volverá a esta baixo a influencia anticiclónica. Haberá ceos despexados en xeral, salvo bancos matinais en zonas do interior. Con todo, pola noite non se pode descartar algunha choiva débil e puntual no norte galego.

Os ventos soprarán de compoñente este e bambos en xeral, pero moderados na costa noroeste.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE