Accidente laboral en Manzaneda: morre o condutor dunha formigoneira ao precipitar por un desnivel

Un home de 60 anos morreu ao despeñarse por un desnivel o camión formigoneira que conducía por unha estrada de Manzaneda (Ourense).


|

O feitos ocorreron na mañá deste luns, ao redor das 11:20 horas no punto quilométrico 15 da OU-0701, á altura da parroquia de San Miguel de Bidueira.
 

A vítima, de 60 anos e veciño da localidade ourensá, faleceu no sinistro, a pesar de que os equipos de emerxencias enviaron ao lugar un helicóptero medicalizado. Investíganse as causas do suceso. 

 

Camión hormigonera despeñado en Manzaneda (Ourense) y que deja un fallecido.
Foto: EP

 

Un home de 60 anos morreu ao despeñarse por un desnivel o camión formigoneira que conducía por unha estrada de Manzaneda (Ourense).

Segundo informan fontes dos servizos de emerxencias, ocorreu ao redor das 11,20 horas no punto quilométrico 15 da OU-0701, á altura da parroquia de San Miguel de Bidueira.

O 112 recibiu o aviso a través da chamada dun particular e, seguidamente, puxo en marcha un dispositivo no que participaron o GES de Castro Caldelas, Protección Civil de Manzaneda, a Garda Civil, os bombeiros de Valdeorras e Urxencias Sanitarias-061.

Os servizos sanitarios mobilizaron até o punto un helicóptero medicalizado para atender ao camioneiro, un veciño de Manzaneda de 60 anos que resultou falecido.

A estrada atópase cortada ao tráfico por mor deste aparatoso accidente do que se investigan as causas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE