Detido tras fuxir a gran velocidade polas rúas de Ourense

O condutor triplicou a taxa de alcoholemia permitida e deu positivo en drogas


|

Archivo - Comisaría de la Policía Local de Ourense
Arquivo - Comisaría da Policía Local de Ourense

Un condutor de 39 anos foi detido despois de protagonizar unha persecución polas rúas de Ourense. Circulaba a gran velocidade escapando da Policía Local despois de ser visto facendo derrapes nas inmediacións da praza Bispo Cesáreo.

 

O home, que é veciño da cidade, circulaba baixo os efectos drogas e alcol. Foi avistado pola Policía Local realizando manobras temerarias ás 03:30, polo que os axente tentaron interceptalos sen éxito.

 

O conduto iniciou a fuga pola rúa Progreso, virando posteriormente en dirección contraria pola rúa Parada Justel. Por mor desta conduta, a Policía Local activou un dispositivo con varias dotacións implicadas para tratar de interceptar ao individuo.

 

A persecuncion continuou polo barrio do Couto, onde o xogado circulou a gran velocidade sen respectar en ningún momento a sinalización. Alcanzou a N-525 e, finalmente, regresou ao Couto. Alí foi interceptado por varias patrullas, que lograron pecharlle o paso na rúa Jesús Soria.

Unha ves alí, sen escapatoria, o condutor resistiuse a abandonar o seu vehículo e a ser detido polos axentes, dous dos cales resultaron lesionados de forma leve. O individuo deu positivo en drogas e tamén en alcol, triplicando neste caso máis de dúas veces a taxa permitida.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE