Ferido o condutor dunha furgoneta tras chocar contra un camión de pitos en Allariz

O accidente produciuse sobre as 08:15 horas desta mañá á altura da parroquia de Queiroás


|

Kilometro211allariz
O accidente tivo lugar á altura da parroquia  de Queiroás / Foto: Google Street View

O condutor dunha furgoneta resultou ferido tras un colisión do seu vehículo contra un camión de pitos no punto quilométrico 211 da autovía A.52, ao seu paso polo municipio ourensán de Allariz, á altura da parroquia de Queiroás.

 

Segundo trasladou a central de emerxencias, o accidente produciuse sobre as 08:15 horas. A esa hora, varias persoas, entre elas o condutor do camión, alertaron á central de emerxencias da colisión.

 

Así mesmo, nestas comunicacións alertábase de que o condutor da furgoneta atopábase atrapado no interior do habitáculo. O 112 molivilizó até o lugar aos Bomeros de Xinzo de Limia, que utilizaron o material de excarceración para liberar ao ferido.


Tamén se desprazaron até o punto os servizos sanitarios, que trasladaron ao ferido, e axentes da Garda Civil de Tráfico.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE