Calvos de Randín amence conxelada e rozando os -8ºC, a temperatura máis baixa de Galicia esta madrugada

O municipio ourensán de Calvos de Randín rexistrou na madrugada deste domingo as temperaturas máis baixas de toda Galicia, 7,7 graos baixo cero.


|

A localidade ourensá afai ser o sitio ao que se dirixen todas as miradas cando as temperaturas invernais caen por baixo dos 0ºC.

 

Nesta ocasión, o mercurio esborrallouse até os -7,7ºC, o máis baixo de toda a comunidade. Viana do Bolo, Xizno de Limia e Baltar tamén ofreceron valores por baixo dos -5,5ºC. 

 

Heladas
Xeadas

 

O municipio ourensán de Calvos de Randín rexistrou na madrugada deste domingo as temperaturas máis baixas de toda Galicia, 7,7 graos baixo cero.

Segundo os datos solicitados por Meteogalicia, a provincia de Ourense concentra as marcas mínimas máis baixas, seguido Calvos de Randín por Viana do Bolo (-6,4ºC), Xinzo de Limia (-5,8ºC) e Baltar (-5,7ºC). Tamén ao redor dos cinco graos baixo cero queda a localidade lucense Morelle, en Sarria.

Este domingo a Comunidade continuará nunha situación intermedia. O día comezou con néboas nos vales dos ríos, especialmente o Miño, Navia e Eo, e co ceo pouco nubrado ou despexado no resto.

A medida que avance o día, irán entrando nubes de sur a norte con algúns chuvascos illados e ocasionais, máis probables na metade sur durante a tarde e a metade oeste pola noite.

As temperaturas permanecerán sen cambios significativos e o vento soprará bambo, con predominio do leste e do sueste.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE