En que gasta Baltar o diñeiro? O PSOE di que 7.500 euros en toallas; a Deputación de Ourense responde

O PSdeG denuncia á entidade provincial por destinar diñeiro público a comprar toallas para os usuarios e dar “contratos a dedo”


|

O PSdeG denuncia á entidade provincial por destinar diñeiro público a comprar toallas para os usuarios e dar “contratos a dedo”. 

 

A Deputación de Ourense deféndese e sostén que ese contrato non só non é a dedo, senón que se quedou deserto. 

 

Toallas co logo de 'ourensanía'.
Toallas co logo de 'ourensanía' | Foto: EP

 

Haberaas máis caras, pero investir 7.500 euros en non é pouca cousa. E máis cando o máis elegante desas toallas é o logo de ‘ourensanía’ que locen. Así o explica o PSdeG de Ourense, que acusa á Deputación provincial, presidida por José Manuel Baltar, de gastar 7.500 euros de diñeiro público en toallas “de carácter exclusivamentepropagandístico”.

 

“INUTIL” E “A DEDO”

Este gasto “inútil”, como cualifican os socialistas, foi negado de pleno polo ente provincial. No comunicado do PSOE, con todo, sinalan que o material foi entregado “gratis” e “sen criterio” aos usuarios do Pazo dous Deportes Paco Paz, espazo cuxa titularidade recae sobre este organismo.

 

Así, consideran que esta subministración de miles de toallas responde a “un contrato a dedo” para promocionar un logo que "non é nin oficial nin propio da institución". Ao tempo, advirten que non é a primeira vez que perciben estas prácticas que "non repercuten en nada positivo para a maltreita economía provincial". Ademais, apostilan que os usuarios do recinto “levan a súa propia toalla”. 
 

“NON HAI CONTRATO A DEDO”

A versión ofrecida pola Deputación é distinta. Puntualiza que o contrato das toallas para os abonados do pavillón de deportes Paco Paz figura "no perfil do contratante" da institución provincial. Desta maneira, "trátase dun concurso e non dunha adxudicación a dedo", como denuncia o PSdeG.

 

Pola outra banda, trátase dun concurso que, segundo din, quedouse “deserto” e sen adxudicatario, que se abrirá de novo para que se presenten máis ofertas, sempre seguindo as mesmas condicións. As tollas, iso si, serían para os abonados do pavillón, e non con outros fins. 
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE