Falece un home de 43 anos en Rairiz de Veiga tras caer o seu vehículo ao río Limia

Un home perdeu a vida este sábado despois de caer co vehículo no que circulaba ao río Limia, ao seu paso polo municipio ourensán de Rairiz de Veiga. En concreto, o sinistro produciuse no lugar da Saínza.


|

Accidente de tráfico mortal en Rairiz de Veiga (Ourense)
Accidente de tráfico mortal en Rairiz de Veiga

Un home faleceu este sábado despois de caer co seu vehículo ao río Limia, ao seu paso polo municipio de Rairiz de Veiga (Ourense). O sinistro produciuse no lugar da Saínza.

 

Segundo informou o 112 Galicia, o aviso se este accidente deuse sobre as 09:45 horas, a través da Garda Civil, que alertaba da caída ao río dun turismo.

Os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias mobilizaron ata o punto do accidente aos bombeiros de Xinzo de Limia e a Protección Civil da localidade, así como aos servizos sanitarios, aínda que isto non puideron facer nada por salvar a vida do home que ocupaba o coche.
 

Para poder realizar a excarceración da vítima do interior do coche foi necesaria a intervención dos bombeiros. Tamén se comprobaron os arredores do sinistro para certificar que non houbese máis persoas implicadas no accidente. A Garda Civil ha informado, segundo de que o falecido "non facía uso do cinto de seguridade" e tiña "antecedentes de alcoholemias".
 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE