O 11.840, terceiro premio de 500.000 euros repartido en nove localidades galegas
Ás 09:59 salgue un cuarto premio caendo en Santiago e Vedra. O terceiro premio saíu ás 09:50. Ás 09:16 saía o quinto premio de 60.000 € no Sorteo de Nadal.
O número 77.768 resultou agraciado co primeiro dos dous cuartos premios do Sorteo Extraordinario de Lotaría de Nadal, dotado con 200.000 euros á serie, caeu moi repartido en municipios das catro provincias galegas. Santiago, Vedra, Touro ou Laza.
Lugo, Vigo, O Porriño, Noia, Viveiro e O Grove levan parte do terceiro premio da Lotaría de Nadal, co número 11840 con 500.000 euros a 50.000 euros ao décimo.
O quinto premio, 37.876, saíu ás 09:16 e entre os lugares agraciados estaba a cidade de Lugo, en concreto na administración da praza de Santo Domingo, nas Galerías Villamor. Isto na primeira táboa do sorteo.
Tamén se repartiu o mesmo premio en: Alacante, Tenerife, Elxe, Xirona, Lleida, Madrid, Murcia, Valencia e Zamora.
Escribe o teu comentario