Detida a nai dunha adolescente de 14 anos por agredila cunha escoba cando tentaba encargar a cea

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a unha veciña da cidade como presunta autora dun delito de violencia familiar, tras agredir supostamente á súa filla de 14 anos no transcurso dunha discusión.

 

 


|

A nena explicou que lle pedía cear á súa nai e, ao non haber nada para cear na casa, tentara encargar a cea, o que desembocou nunha discusión.

 

Segundo o relato da nova, non é a primeira vez que a familia llas ve coa Fiscalía de Menores. A menor explicou aos axentes que esta clase de episodios eran habituais.

 

Policu00eda local noite
Foto: EP

 

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a unha veciña da cidade como presunta autora dun delito de violencia familiar, tras agredir supostamente á súa filla de 14 anos no transcurso dunha discusión.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na noite do pasado domingo, cando o 092 recibiu unha chamada alertando dunha rifa familiar na que había unha menor implicada, nun domicilio da zona sur da cidade.

Os axentes trasladáronse á vivenda e entrevistáronse cunha muller que se identificou como nai da nena. Segundo a súa versión, a menor quería saír á rúa e ela enfadouse e pegoulle "co obxectivo de educala".

Mentres, unha das funcionarias accedeu ao interior do domicilio e atopouse nunha habitación á menor chorando e moi nerviosa. A nena explicou que lle pedía cear á súa nai e, ao non haber nada para cear na casa, tentara pedir comida a través dunha aplicación.

Como esta aplicación non lle funcionaba manifestou á súa nai a súa intención de saír para comprar algo para cear. Nese momento iniciouse a rifa e, segundo o seu relato, a súa nai golpeouna nas costas co pau dunha escoba.

A menor explicou aos axentes que os episodios violentos por parte da súa nai eran habituais e que xa había expedientes abertos na Fiscalía de Menores.

Os axentes avisaron a unha ambulancia, que trasladou á nena ao HULA e, dada a gravidade dos feitos e a súa reiteración, procederon á detención da nai, como presunta autora dun delito de violencia familiar.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE