O primeiro hotel balneario da cidade de Ourense levantarase sobre o antigo balneario de As Caldas

Jacome e o empresario Gregorio Álvarez mantiveron unha reunión con este proxecto como tema central.


|

240812 Balneario
Foto: Concello de Ourense

 

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jacome, recibiu hoxe ao empresario Gregorio Álvarez, quen promove a construción do primeiro hotel balneario de cinco estrelas na cidade de Ourense, en concreto nos terreos do antigo balneario de As Caldas, dos que xa é titular.

O empresario, titular do grupo Ibereólica Renovables, presentou ao goberno municipal o anteproxecto desta iniciativa que dotará a cidade dun hotel balneario, que porá a disposición de veciños e visitantes un total de 42 habitacións, así como espazos colectivos e individuais de tratamentos termais e unha ampla zona de restauración.

Segundo Álvarez, o anteproxecto pretende "crear un espazo experimental de lecer, goce e beneficios saudables do recurso termal" sendo "novo, confortable, amable e incorporado, no seu maior parte, á contorna natural do río" coa creación dun xardín. Ademais, segundo as súas palabras, será "unha instalación balnearia sofisticada de alto nivel de confort e prestacións e sostible".

Contará cunha planta baixa con zona colectiva e de termas exteriores, unha primeira planta para tratamentos individuais, a segunda e a terceira planta con 42 habitacións, entre dobres e individuais, e a cuarta planta dedicada a cafetaría e restauración.

"Espero que sexa un proxecto que de moito máis a coñecer a cidade de Ourense polas augas termais", manifestou Álvarez, quen dixo estar "contento" porque "é un proxecto diferente, un hotel boutique que esperamos que sexa do agrado de todos os ourensáns e de moita xente que ten que coñecer á cidade, unha gran descoñecida".

O empresario pretende presentar no concello, antes de final de ano, o proxecto básico do hotel para iniciar as obras a finais do 2025. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE