Gadis volve ser exemplo da creación de emprego sostible con máis de 8.500 profesionais

A formación e a promoción interna son parte da filosofía da empresa 100% galega.


|

EMPLEO FRUTERIA
Foto: Gadis

 

En cuestión dun lustro, Gadisa Retail xerou ao redor dun milleiro de empregos. Son unhas cifras máis que considerables que aúpan á marca como unha das compañías galegas que máis emprego crea, con 342 durante o último ano. A captación de talento e o emprego estable e de calidade son parte do selo dunha firma 100% galega que non deixa de crecer e que xa está composta por 8.558 profesionais ao peche do último ano.

 

"Avanzar cara ao futuro con solidez e prosperidade é o seu propósito para aumentar o impacto positivo a través da sustentabilidade económica, social e medioambiental", din desde os supermercados Gadis, onde pon énfases no "valor engadido" que supón a "atención personalizada" que dispensa a compañía aos seus clientes, con dependentes nas seccións de produto fresco para unha mellor experiencia dos compradores. 

 

"Perfís moi especializados que ofrecen, á súa vez, un trato de calidade e marcado pola proximidade aos seus clientes", detallan. Con todo, non é o único alicerce da política de Gadis, que ten como obxectivo a captación e a retención de talento, tanto mozo como senior en distintas feiras de emprego e xornadas de captación laboral, así como a formación e promoción interna "para o crecemento persoal e profesional de todas as persoas que forman parte da organización".

 

FOTO NOTA EMPLEO ALMACu00c9N
Foto: Gadis

 

"Os plans para potenciar as habilidades dos traballadores e enriquecer a súa bagaxe formativa alcanzaron a 3.064 persoas en 2023, ano no que 89 alumnos de formación ocupacional realizaron prácticas empresariais nas diferentes seccións e nas caixas. Isto supuxo unha oportunidade laboral para as persoas que se incorporaron ao persoal da compañía grazas a esta formación", abundan desde a compañía, onde moitos deses profesionais que se forman nos establecementos terminan quedar como parte do persoal.

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE