O Corte Inglés da Coruña acolle o ciclo de catas da 'Cervezoteca'

Haberá novas catas os días 2 de agosto e 12 de setembro.


|

Cerveza
Foto: EP

 

Loura, negra, tostada... Non importa a forma, a cor ou o tamaño, porque nun día de verán como o de hoxe unha cervexa ben fresquita entra ben de calquera xeito. Sábeno os mestres de Fillos de Rivera, que veñen de inaugurar a 'Cevezoteca' no Corte Inglés da Coruña, que servirá como sede para unha serie de catas desta bebida milenaria. 

 

O proxecto da 'Cervezoteca' incorpora unha llenadora e Growlers, "unha iniciativa que permite aos usuarios recargar os seus propios envases con cervexa fresca para consumir nos seus fogares". "Dispoñibles en diversos tamaños, estes Growlers fomentan a reutilización e redución de residuos, ofrecendo aos amantes da cervexa unha maneira práctica e ecolóxica de gozar da súa bebida favorita desde casa", destacan desde a cadea de grandes almacéns no seu comunicado.

 

Para unha mellor experiencia, no centro comercial herculino están a programar unha serie de citas para os máis cervexeiros de face a descubrir da man dos expertos todo o relativo á cultura da cervexa nunha experiencia sensorial para redescurbir todos os matices das distintas variedades de Estrela Galicia

 

Catas a cegas, cervexas de importación ou probas para ver cal é o sabor preferido dos asistentes foron algunhas das propostas do pasado 18 de xullo, mentres que xa hai programada unha segunda cita para o 2 de agosto con motivo do Día Internacional da Cervexa e unha última o 12 de setembro. "A participación é gratuíta e as prazas son limitadas. Para asistir hai que inscribir previamente no correo: eventosacoruna@elcorteingles.es", detallan os organizadores.

 

No entanto, en Fillos de Rivera e O Corte Inglés tamén pensaron nos abstemios, polo que dispoñen dunha liña de AUARA, a marca de auga solidaria da que forma parte a compañía e que, entre outras iniciativas, proxectan construír un pozo en Poussouloute, Benín, para axudar á poboación local para o consumo deste recurso tan escaso nalgunhas zonas do mundo. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE