O Corte Inglés achega as mellores ideas para regalar no Día do Pai

Desde este luns e até o 19 de marzo a firma lanza unha campaña especial.


|

El corte inglu00e9s
Foto: EP

 

Que ningún papá quede sen agasallo. Ese é o obxectivo que perseguen desde O Corte Inglés e polo cal iniciaron unha campaña este luns 11 de marzo baixo a lema 'Regalar sempre será máis grande que calquera agasallo'. Até o próximo 19 de marzo, Día do Pai, a compañía ofrecerá unha ampla selección de artigos para achegar seguro co obsequio aos proxenitores nun día tan sinalado.

 

O que conta non é tanto o agasallo como a intención e o esforzo de idear algo para gratificar á persoa que queremos. Ao redor desta idea vira a campaña do Corte Inglés orientada para todas esas familias que buscan o agasallo ideal para esta ocasión.

 

Desta forma, durante máis dunha semana dispomos dunha ampla oferta en tecnoloxía, roupa, calzado ou artigos de deporte, así como mobles, libros ou mesmo viños e licores para obsequiar aos papás. Desde cepillos de dentes eléctricos até un reloxo intelixente, pasando por cafeteras, zapatos de alta gama e as sempre tan socorridas gravatas, podemos atopar descontos do 15% nalgúns produtos.

 

"Para facilitar a compra do agasallo do Día do Pai, e tamén desde a app, o cliente poderá realizar o seu pedido online e recollelo na tenda que elixa nunha hora co chamado servizo 'modo tenda'. Os servizos de entrega habituais seguirán vixentes estes días, como o de 'Entrega no día', onde o cliente pode comprar online e recibir o produto en 2 horas ou á hora que el decida", detallan desde O Corte Inglés.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE