Os empregados de Hiperxel están "ilusionados" cunha campaña de Nadal que pode levantar a compañía

Traballadores da cadea galega especialista en alimentos conxelados Hiperxel afrontan con "ilusión" a campaña de Nadal despois de recibir este luns as nóminas atrasadas de setembro e outubro.

 


|

Despois de varias semanas de incerteza en torno ao futuro da empresa, a viabilidade da cadea de conxelados parece confirmarese despois do compromiso de abonar ao persoal as nóminas que lles deben. 

 

O novo plan presentado pola empresa e a chegada de produtos para afrontar a campaña de Nadal supoñen un impulso decisivo de face a normalizar a situación. 

 

Establecimiento de Hiperxel ubicado en Vigo.
Foto: EP

 

Traballadores da cadea galega especialista en alimentos conxelados Hiperxel afrontan con "ilusión" a campaña de Nadal despois de recibir este luns as nóminas atrasadas de setembro e outubro.

Así o sinalaron a Europa Press fontes sindicais pertencentes ao comité de empresa, as cales esperan que os 320 traballadores que a compañía ten en Galicia reciban os soldos correspondentes ao mes de novembro "a próxima semana".

Todo iso foi posible grazas á aprobación, por parte dun xuíz, do Plan de Reestruturación presentado a pasada semana por Hiperxel. "A empresa comunicou aos traballadores que o xuíz aprobou o plan B da compañía", aseguraron fontes sindicais.

 

PLAN DE REESTRUTURACIÓN DE HIPERXEL

O Plan de Reestruturación presentado por Hiperxel para evitar a entrada da compañía en concurso de acredores, cuxo prazo de duración mínimo termina o 14 de xaneiro de 2024, busca "modificar as condicións do seu pasivo, para garantir a viabilidade do negocio no curto e medio prazo e, evitar así, o seu concurso de acredores"

O documento, compartido na páxina web da empresa, diferenza até oito tipos de acredores e exclúe a aqueles cun crédito que teña un saldo inferior aos mil euros, con créditos ICO e análogos, así como a acredores por crédito público e por asesoramento relacionado coa reestruturación.

Pola súa banda, entre as medidas que a compañía pretende adoptar atópanse un plan de pagos con acredores aos que Hiperxel poderá facer fronte cunha inxección de capital de 2,8 millóns de euros procedentes do fondo propietario.

Ademais, o Plan de Reestruturación de Hiperxel recolle que a organización chegou a un acordo coa empresa especialista en importación e envasado de produtos do mar Casalnova, pacto polo cal esta organización se comprometeu a entregar a Hiperxel xénero co que poder afrontar a campaña de Nadal a cambio dun millón e medio de euros, cantidade que será afrontada en tres pagos.

Así mesmo, o documento revela que Casalnova adquiriu o compromiso de fornecer a Hiperxel en 2023 un importante número de existencias para manter stock nos seus máis de 100 tendas repartidas en toda Galicia por valor de 200.000 euros.

 

CAMPAÑA DE NADAL

Precisamente, as máis de 100 tendas coas que Hiperxel conta en toda Galicia xa comezaron a pasada semana a recibir xénero para afrontar a campaña de Nadal.

"Enfrontámonos á campaña de Nadal con gran ilusión. Nas tendas xa se pode ver lagostino, boi, vieiras e centollas entre outros produtos pero hai que medir os tempos. Contamos con que a mediados de mes as tendas conten con produtos ao 100%", sinalaron fontes sindicais.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE