Coremain perde un contrato con Vodafone e propón despedir a 89 traballadores, máis do 20% do persoal

A CIG informa de que a empresa Coremain de tecnoloxías da información propón o despedimento de máis do 20% do persoal nun expediente de regulación de emprego (ERE) que afectará a persoal "alleo" ao proxecto de Vodafone, un de cada cinco traballadores segundo os seus datos.


|

Un de cada cinco traballadores de Coreiman veranse afectados polo Expediente de Regulación de Emprego que propón a empresa.

 

O motivo, segundo denuncia a CIG, está condicionado pola perda dun proxecto de Vodafone, aínda que o sindicato sinala que o persoal afectado é "alleo" a ese proxecto. 

 

Coremain
Foto: CIG

 

A CIG informa de que a empresa Coremain de tecnoloxías da información propón o despedimento de máis do 20% do persoal en un expediente de regulación de emprego (ERE) que afectará a persoal "alleo" ao proxecto de Vodafone, un de cada cinco traballadores segundo os seus datos.

O pasado venres comezou o período de consultas, segundo apunta a central nacionalistas, sobre un expediente que está motivado pola perda do proxecto de Vodafone.

A compañía "finalmente realizou unha proposta que afecta a 89 persoas", resalta, e "inclúe persoal alleo ao proxecto Vodafone, alegando causas organizativas".

Con todo, na información, indica a CIG, "fala dunha serie de datos económicos para xustificar a medida, pero sen achegar as contas da empresa".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE