Temor na Federación Galega de Transporte de Mercadorías pola folga na ITV de Galicia

Os paros terán lugar a partir do 16 de setembro e, como detallaron os sindicatos a Galiciapress , a folga deixará "nunha situación comprometida" a miles de condutores.


|

Archivo - Estación de ITV
Foto: EP

 

A Federación Galega de Transporte de Mercadorías trasladou á Consellería de Industria e á Dirección Xeral de Mobilidade a súa "preocupación" polo anuncio dunha folga indefinida, a partir do luns 16 de setembro, dos traballadores da ITV en Galicia. Por iso, pide que se busque unha "fórmula" ou unha "solución" que a evite.

"Polo grave impacto que iso podería ter nas empresas de transporte e a súa afectación á loxística e aprovisionamento das empresas do sector servizos, da industria, do comercio e do sector primario", afirma nun comunicado.
 

 

No remarca que "a paralización da actividade nas 26 estacións de ITV da nosa comunidade, na actualidade xestionadas pola multinacional Applus, podería levar, á súa vez, a paralización dun importante número de vehículos".

"Pois a actual normativa reguladora destas inspeccións técnicas de vehículos motiva que unha gran parte dos vehículos de transporte público de mercadorías en Galicia teñan que pasar non unha senón dúas revisións anuais", explica.

"Iso supón que cada ano 24.239 vehículos de transporte público de mercadorías pasen polas instalacións da ITV e a gran maioría cada seis meses, a estes deberán sumar os 3.806 autobuses interurbanos que hai en Galicia e 3.875 taxis" .
 


A Federación Galega de Transporte sostén que isto tradúcese "en máis de 60.454 revisións na ITV ás que deberán de sumar as correspondentes a varias decenas de miles de furgonetas" e engade que "dado que os vehículos non poden circular sen ter a ITV ao día" o paro previsto "podería paralizar un número importante de vehículos en Galicia si os responsables non arbitran unha fórmula ou solución".

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE