O TSXG profunda na ferida das eólicas e paralizan dous novos proxectos

O alto tribunal galego suspende, de forma cautelar, as autorizacións de dous parques eólicos tras a suspensión de máis dunha ducia esta mesma semana. 


|

Parque eólico
Parque eólico

 

Novo golpe da Xustiza galega aos macroporyectos eólicos da comunidade. Unha nova resolución da sección terceira da Sala do Contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (#TSXG) decreta a suspensión cautelar do parque eólico Serra do Faro Ampliación II e do proxecto do parque eólico As Penizas, situado nos municipios de Forcarei e Cercedo-Cotobade

 

NO MEDIO DA POLÉMICA

A declración chega só uns días despois do anuncio da suspensión de até trece proxectos pola consulta do #TSXG ao TJUE, a pesar da declaración favorable do Tribunal Supremo emitida a finais de 2023. Desta forma, mentres non se pronuncien as instancias europeas, os proxectos seguirán paralizados para malestar das compañías e da propia Xunta de Galicia, que manifestou a súa intención de recorrer esta decisión.

 

 

Onte mesmo o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, foi cuestionado por Galiciapress sobre este asunto tras a celebración do Consello da Xunta. O mandatarió mostro o seu "respecto" á Xustiza pero tamén a súa desconformidade por unha decisión que tachou de "inédita" e "sorprendente"

 

 

"Cremos que ten gravísimas consecuencias. Teño que respectar as decisións xudiciais. O que non podo é calarme fronte ás súas consecuencias, dicir que non me gusta e que, neste caso, resúltame moi curioso que despois dun pronunciamiento claro, categórico, sen ningunha dúbida, do Tribunal Supremo, isto non valla para nada e preténdase ir a outra instancia xudicial para seguir manteninedo aquilo que foi desautorizado polo TS", detallou Rueda, que evitou pronunciar sobre si estes fallos nos que inflúe o maxistrado Luís Villares, exportavoz de En Marea no Pazo do Hórreo, poden sementar dúbidas na obxectividade do TSXG.

 

Os PARQUES

No caso do parque de Serra do Faro a sala di que as obras “pola súa propia natureza e a interacción coa contorna” resultan susceptibles de causar “un grave dano a valores ambientais sensibles” pois existen informes do Ministerio de Transición Ecolóxica onde se detallan os seus efectos sobre “hábitats prioritarios e de interese comunitario como de especies ameazadas”. Así, apelan ao “principio de cautela” para xustificar unha decisión que busca evitar danos irremediables na contorna. 

 

Pola súa banda, do parque eólico As Penizas, o tribunal considera indiciariamente acreditado que, aínda que non se produce a implantación do parque en espazo protexido, “si existe unha afección paisaxística clara, dada a proximidade da poligonal co contorno das áreas protexidas”.

 

Archivo - Aerogeneradores en el parque eólico de Serra do Larouco, a 31 de mayo de 2023, en Esgos, Ourense, Galicia (España). El mercado transaccional en el sector de las energías renovables en Esp
Arquivo - Aeroxeradores 

 

Resulta relevante neste campo, segundo o auto, “a inclusión do espazo da poligonal eólica na área cualificada como de exclusión eólica polo Mapa de Zonificación Ambiental elaborado polo Ministerio de Transición Ecolóxica”. Nesa liña, fan mención aos “valores ambientais significativos” existentes para xustificar a medida cautelar para paralizar as obras. 

 

“Non é discutido polas demandadas que as obras terían lugar dentro do espazo de exclusión fixado polo Mapa de Zonificación do Ministerio e que forma parte da declaración ambiental estratéxica do Plan Nacional Integrado de Enerxía e Clima”, acreditan sobre unha zona onde hai manadas de lobos. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE