Rueda insiste en que o PP "vai seguir baixando impostos"

Rueda asegurou que nestes momentos cóntase con "a maior cantidade para gastar que se tivo nunca", polo que sinalou que hai que ter "'sentidiño' para pensar "a quen lle fai máis falta" e "onde é necesario facer unha especial incidencia"


|

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, nun acto en Mos (Pontevedra).
Alfonso Rueda asegurou hoxe en Mos que seguirá baixando impostos

O presidente do PPdeG e da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asegurou hoxe que o PP "seguirá baixando impostos" porque é "o que quere a xente" e é "o que serve" para "darlle diñeiro ás empresas e ás familias" fronte a un Goberno central que, denuncia, está "empeñado en subir impostos".

 

Rueda asegurou, durante a súa intervención na XVI Xuntanza dos populares de Mos, que nestes momentos cóntase con "a maior cantidade para gastar que se tivo nunca", polo que sinalou que hai que ter "'sentidiño' para pensar "a quen lle fai máis falta" e "onde é necesario facer unha especial incidencia".

 

Tamén manifestou que fará "todo o posible" para gañarse a confianza da xente e, ademais, "para gañala todo os días". Explicou que actos como o encontro desta mañá en Mos son "unha demostración da unidade e da fortaleza" do partido.

 

Segundo destacou o PPdeG nunha nota de prensa, Rueda dirixiuse aos ministros de Sánchez "que veñen a Galicia todas as semanas a criticar ao presidente do Partido Popular con mentiras": "Alberto Núñez Feijóo será presidente de España. Por iso teñen tanto medo".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE