A Xunta centralizará os servizos de transporte público de Galicia nunha plataforma dixital

A Xunta tramitou a licitación dun expediente para a creación da Plataforma Galega de Mobilidade 4.0, que pretende centralizar os servizos de transporte público


|

FZ4J0fMXkAI5Efm
A Plataforma permitirá que os usuarios poidan pagar os seus títulos de transporte desde a web o teléfono móbil / Foto: @conselleriaCIM

O Portal de Contratos Públicos de Galicia publicou esta semana a licitación do expediente para a suministración, deseño, desenvolvemento, implantación, soporte, mantemento e operación da Plataforma Galega de Mobilidade 4.0, así como o da oficina técnica para a súa supervisión e dirección.

Segundo trasladou a Xunta, o contrato, licitado pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia no marco do Plan e-Mobility desenvolto en colaboración coa Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, terá unha duración de tres anos e un orzamento de 5,7 millóns de euros, que poderá ser prorrogado por un período similar. O valor total estimado é de algo máis de 9,4 millóns de euros e o prazo para a presentación das ofertas por parte das empresas interesadas finalizará o 14 de setembro.

Así mesmo, a administración autonómica ha explicado que a Plataforma de Mobilidade 4.0 ten como obxectivo potenciar o transporte público e facilitar o acceso da cidadanía á información en tempo real en toda a Comunidade, así como ofrecer métodos de reserva ou pago alternativos ao pago en efectivo.

 

A adminsitración autonómica ha explica que a plataforma ten como obxectivo potenciar o transporte público e facilitar o seu acceso dos usuarios á información en tempo real en toda a Comunidade. Tamén se pretende ofrecer métodos de reserva de títulos de transporte ou pagos alternativos ao efectivo.

A plataforma dispoñerá dun planificador multi-modal que integrará toda a oferta de transporte público e, ademais, estará aberta á integración doutros servizos, como o transporte urbano, ou o 065 de apoio á mobilidade a persoas con discapacidade ou dependentes.
 

PAGO EN LIÑA

Contarase tamén cunha web e unha aplicación para dispositivos móbiles que permitirá que o usuario poida planficar os seus itinerarios, acceder á información en tempo real e xestionar os seus reservas, pagos e bonificacións.
 

As reservas e os pagos poderán facerse desta maneira co teléfono móbil, cunha tarxeta bancaria ou coa nova Tarxeta de Mobilidade de Galicia. O novo contrato contempla tamén a expedición de 120.000 tarxetas adaptadas ao novo servizo.

 

O ámbito de uso desta plataforma será o do Área Única de Transporte de Galicia, segundo detallou a Xunta. Esta área abarca toda a Comunidade Autónoma de Galicia e os concellos limítrofes das comunidades de Asturias e Castela e León.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE