Guerra civil na Federación Galega de Automobilismo con acusacións de corruptelas e moción de censura
Este sábado Alfonso García Eiriz, o ex-número 2, tentará derrocar ao presidente, Antonio García Troitiño, un ano despois de compartir lista. De fondo, unha lea xudicial polos seguros dos rallyes en Galicia e as supostas presións para cobrar máis por parte do ex-secretario.
A asemblea da Federación Galega de Automobilismo (FGA) pronunciarase o 10 de xaneiro no Salón Teatro de Lalín sobre a moción liderada por Alfonso García Eiriz, apoiada por 26 firmas. Necesita unhas poucas máis para sacala adiante. En concreto, 7 votos a amayores, pois a Asemblea está formada por 64 persoas.
Nunha rolda de prensa celebrada na mañá do 27 de decembro, o presidente da Federación Galega de Automobilismo (FGA), Antonio Rodríguez Troitiño, deu a coñecer o seu punto de vista sobre a moción de censura presentada polo que fóra o seu número 2, Alfonso García Eiriz, e un grupo de asembleístas
ARGUMENTO DOS CRÍTICOS
A moción impulsada polo exsecretario da entidade enarbora un presunto "incumprimento do programa electoral" e a "brecha aberta entre presidente e federado" desde o pasado mes de agosto. Segundo os asinantes, a nova candidatura esperou até a conclusión dos diferentes campionatos para evitar afectar a organizadores, escuadras, deportistas e patrocinadores.
García Eiriz, coñecido por impulsar o rally do Carballiño, ocupou a vicepresidencia e secretaría da FGA tras as eleccións de xaneiro, nunha candidatura conxunta con Rodríguez Troitiño, organizador do rally do Cocido en Lalín. Con todo, en abril, a presidencia FGA destituíu a Eiriz, alegando "gravísimas esixencias persoais e económicas". É dicir, que quería un soldo acorde coa responsabilidade da súa tarefa no ente.
Onte na súa comparecencia en Santiago, Rodríguez Troitiño cualificou a moción como "legal, pero ilexítima" e revelou que a motivación principal é "quitarme do camiño" para "volver ao réxime anterior". Durante a súa intervención, o presidente da FGA abordou os temas en discusión e rebateu os argumentos esgrimidos polos impulsores da moción de censura.
![Garcu00eda Eiriz en una imagen del au00f1o pasado cuando hacu00eda campau00f1a en la lista de Troitiu00f1o en una imagen de su Facebook](/multimedia/images/6438594.jpg)
Un dos argumentos de Eiriz é o dos seguros que negocia a FGA para os rallys. Asegura que se terminou coa suposta práctica das comisións -o asunto está pendente de resolución xudicial- de épocas pasadas pero denuncia que aínda así os seguros que pesan sobre as organizacións das probas teñen un custo maior ao que deberían ter.
RAZONANMIENTOS DO PRESIDENTE
"Estamos ante unha moción de censura que non creo que pille a ninguén por sorpresa, porque é a culminación dunha prolongada operación de desgaste, desestabilización, fomento da tensión e xeración de confusión que comezou mesmo antes de que o pasado mes de abril produciuse o cesamento de Alfonso García Eiriz como secretario e vicepresidente por Ourense", rebate Rodríguez Troitiño.
O presidente da FGA caracterizou a moción como destrutiva, baseada en falacias e argumentos retortos, co único obxectivo de desfacer del e o seu equipo. Segundo Rodríguez Troitiño, o intento de cambio no statu quo e o sistema de funcionamento vixente durante catro décadas é o que motiva a moción de censura.
O ambiente na Federación Galega de Automobilismo vese afectado por esta moción ique, segundo Rodríguez Troitiño, está apoiada por "estraños compañeiros de cama". Aínda que García Eiriz e os 26 asinantes son os rostros visibles, Rodríguez Troitiño sinalou que non todos están e non todos están de acordo. "Non son todos os que están nin son todos os que están", recalcou. Por tanto, enténdese que non está asegurado que o resultado da votación deste fin de semana sexa equivalente ao número de avais da moción.
Este é o vídeo completo da súa rolda de prensa onte:
No contexto dunha Federación que xa atravesaba un período de convulsións tras unhas eleccións tumultuosas, a moción de censura ameaza con mergullar novamente ao automobilismo galego na incerteza. Os próximos días serán decisivos para determinar o rumbo da FGA e o impacto da moción no ámbito deportivo rexional. A asemblea, programada para o 10 de xaneiro, será o escenario onde os asembleístas emitirán o seu veredicto sobre o futuro da dirección actual.
Escribe o teu comentario