Kovliar pasa o recoñecemento médico en HM Rosaleda e está listo para o seu debut con Obradoiro
O xogador, última incorporación dos composteláns, superou con nota as probas dos servizos médicos, que constataron o seu bo estado de forma.
O Obradoiro fichou un base, pero parece un touro. Ou, polo menos, así o di a extraordinaria forma física que luciu o ucraíno no recoñecemento médico ao que foi sometido no HM Rosaleda de HM Hospitais. Baixo a mirada do Dr. Amaro, Oleksandr Kovliar superou con fartura as probas físicas e demostrou que está listo para afrontar o reto que lle puxeron os da capital encima da mesa: suplir a Eric Washington.
A base chega procedente do Kalev-Cramo estoniano co que xogaba a FIBA Europe Cup. Anotador e con visión para repartir xogo, o ucraíno dá o salto á liga española co dificil cometido de facer esquecer a Washington, que deixou Santiago por motivos persoais. Os seus números este curso, con máis de 14 puntos por partido e preto das sete asistencias en cada duelo, constatan que pode asumir ese rol.
“É un xogador novo e en continua progresión. Posúe unha notable personalidade, bo físico e boas pernas. Ten capacidade para anotar, xa que no un para un ten moita rapidez”, defíneo o director deportivo do cadro compostelán, Eduardo Pascual.
![Oleksandr Kovliar2](/multimedia/images/6314759.jpg)
Escribe o teu comentario