Balaídos é o terceiro estadio pola cola entre os campos mellor valorados de Primeira División

Balaídos é o terceiro estadio de Primeira División peor valorado por persoas en varias webs (3,85 sobre 5), mentres que o Anxo Carro do Club Deportivo Lugo sitúase na última posición dos de Segunda División ao apenas ter valoracións na internet, segundo un estudo da guía de apostas Kelbet.


|

O coliseo do Celta de Vigo está "en descenso" nas valoracións de afeccionados segundo un estudo consultando as recensións de varias webs. 

 

Só Xetafe e Real Valladolid teñen estadios con pero puntuación que o do Celta. Pola súa banda, o Anxo Carro, do CD Lugo, é o peor valorado de Segunda División. 

 

Arquivo - Estadio de Balaídos
 Estadio de Balaídos

 

Balaídos é o terceiro estadio de Primeira División peor valorado por persoas en varias webs (3,85 sobre 5), mentres que o Anxo Carro do Club Deportivo Lugo sitúase na última posición dos de Segunda División ao apenas ter valoracións na internet, segundo un estudo da guía de apostas Kelbet.

Segundo explicou nunha nota de prensa, o estadio vigués, onde xoga os seus partidos o Real Club Celta, obtén esta puntuación segundo a valoración de máis de 7.200 persoas en webs como Google, Trip Advisor, Yelp e Foursquare. En total, o estudo tivo en conta máis de 600.000 valoracións nos citados portais web sobre os diferentes estadios españois.

A táboa reflicte que o Camp Nou (FC Barcelona) é o campo mellor valorado de España, seguido por San Mamés (Athletic Club) e o Santiago Bernabéu (Real Madrid). O estadio peor valorado de Primeira División, segundo este estudo, é o Coliseum Alfonso Pérez (Xetafe CF), seguido polo José Zorrilla (Real Valladolid CF) e por Balaídos (Real Club Celta de Vigo).

 

SEGUDNA DIVISIÓN

Pola súa banda, A Rosaleda (Málaga CF) é o estadio de Segunda División mellor valorado polos internautas, seguido polo Molinón (Real Sporting de Xixón) e O Toralín (SD Ponferradina).

O Anxo Carro (CD Lugo) sitúase na última posición na Segunda División ao carecer case de valoracións, seguido do Plantío (Burgos CF), da Romareda (Real Zaragoza) e de Anduva (CD Mirandés).

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE