O Trofeo Teresa Herrera recadará fondos para familias ucraínas

O Trofeo Teresa Herrera, que enfrontará ao Real Club Deportivo e ao equipo ucraíno Metalist, recadará fondos para familias ucraínas refuxiadas en Kharkiv.


|

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, preside a presentación do Trofeo Teresa Herrera
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, preside a presentación do Trofeo Teresa Herrera

Segundo informou a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, na presentación da 77ª edición masculina e 10 feminina do Trofeo Teresa Herrera, o evento deportivo recadará fondos para familias ucraínas refuxiadas en Kharkiv.

"Uno dos trofeos con máis raíz na nosa cidade que, verán a verán, achéganos ao fútbol desde unha perspectiva menos competitiva e máis amigable poñendo o valor o xogo e a deportividade", sentenciou a alcaldesa no Palacio Municipal de María Pita.

Na presentación estivo acompañada do presidente do Real Club Deportivo, Antonio Couceiro, quen concretou os detalles sobre o evento futbolístico que terá lugar o vindeiro sábado 13 de agosto no estadio de Riazor da cidade herculina.

Este ano o Trofeo Teresa Herrera acollerá dous equipos estranxeiros que xogarán contra o Real Club Deportivo e o Dépor Abanca. Trátanse do club FC Famalicão, procedente de Portugal, que competirá contra o Dépor Abanca ás 18:00 horas e o Club Metalist Kharkiv, de Ucraína, que xogará o amigable contra o Real Club Deportivo ás 20,30 horas, no estadio de Riazor.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE