A Coruña primeiro municipio en España en lanza un Plan de Igualdade no Deporte

O obxectivo é deseñar e levar a cabo acciones que contribúan a eliminar barreiras para as mulleres no ámbito deportivo. O Concello pide a achega de puntos de vista de clubs e deportistas locais.


|

O Concello da Coruña converteuse no primeiro municipio de España en poñer en marcha a elaboración dun Plan de Igualdade no Deporte. A iniciativa xurdiu do debate iniciado pola Comisión de Igualdade creada por decisión do Consello Municipal do Deporte e que está presidido pola alcaldesa, Inés Rey.

 

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey



A partir de setembro, comezará a traballarse en profundidade nas bases deste regulamento coa idea de facer un diagnóstico cualitativo e cuantitativo da situación da muller no deporte coruñés. Desde a Concellería de Deportes, que dirixe Mónica Martínez, pediron a "máxima colaboración de todas as entidades e clubs relacionados co deporte".

"A pesar dos avances, o campo deportivo continúa sendo un dos que conta con maior brecha de xénero. Isto pódese ver non só no número de equiposy deportistas femininas, senón tamén na súa pouca presenza en estamentos técnicos,arbitrais e de xestión", dixo a alcaldesa, Inés Rey.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE