Román Rodríguez celebra a recuperación do Mosteiro de Dozón, "unha das principais xoias do rural galego"

O investimento da Xunta foi de máis de 300.000 euros


|

Monasterio dozu00f3n
Arquivo - Mosteiro de San Pedro de Vilanova, en Dozón / Foto: Galicia Máxica

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou este sábado o mosteiro de San Pedro de Vilanova, no Concello de Dozón, onde o Goberno galego acaba de pór fin aos traballos de rehabilitación, dotados cun investimento de máis de 300.000 euros.

 

A intervención, tal e como explica a Xunta de Galicia nun comunicado, centrouse na mellora da cuberta, fachadas e carpintaría exterior, ademais de na conservación do retablo maior do templo.

 

No aco de inaguración cos veciños, no que tivo lugar tamén unha actuación musical da man de Emilio Rúa e Margarida Mariño, o conselleiro destacou que os traballos permitiron "pór en valor un templo románico de máis de 900 anos de historia".

"En Galicia temos a sorte de contar cun rico e variado patrimonio cultural por todo o territorio que en moitos municipios rurais funciona como un auténtico dinamizador da oferta cultural", remarcou o responsable de Cultura da Xunta .

 

Indicou neste sentido que a Administración galega é a "que máis inviste en tarefas de rehabilitación". "Así o demostran as contas da Consellería, que este ano incrementou un 14% a partida destinada a este fin", inciden.

 

Os traballos, neste caso, centráronse en resolver os problemas de humidade que afectaban as zonas sur e norte, intervindo nas fachadas e nas cubertas. O proxecto completouse coa pavimentación da contorna exterior, con acabados pétreos e co acondicionamento dos muros exteriores do atrio, así como a canalización de pluviais e drenaxes.


Nunha segunda fase, actuouse no retablo maior e no frontal do altar da igrexa para recuperar a súa estabilidade e garantir a súa conservación. Os traballos incluíron tamén o desmonte dos elementos para a súa limpeza, saneamento e aplicarlles tratamentos cromáticos e de alimentación de deformacións.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE