Accidente mortal en Carballo: falece un veciño de Coristanco de 47 anos ao chocar contra dous postes e unha casa

Un home de 47 anos faleceu nun accidente de circulación rexistrado na noite do domingo no municipio coruñés de Carballo.

 


|

Os feitos ocorreron na noite do domingo, no  punto quilométrico 2 da estrada DP-1914, cerca do lugar de Vivente, en Carballo.

 

O turismo que pilotaba o home, de 47 anos e veciño de coristanco, impactou contra dous postes de telefonía e unha vivenda. Nada se puido facer por salvarlle a vida.

 

Accidente carballo
Foto: G24noticias

 

Un home de 47 anos faleceu nun accidente de circulación rexistrado na noite do domingo no municipio coruñés de Carballo.

O sinistro produciuse no punto quilométrico 2 da estrada DP-1914 á altura do lugar de Vivente, onde o vehículo no que viaxaba impactou contra dous postes de telefonía e unha vivenda, segundo informaron fontes dos servizos de emerxencia.

O falecido resultou atrapado no interior do coche, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros de Carballo para acceder á vítima.

Unha vez liberado, os servizos sanitario unicamente puideron certificar a morte do condutor. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE