Falece un home en Betanzos tras caer ao río Mandeo
Un home faleceu este domingo tras caer ao río Mandeo no Paseo da Tolerancia da localidade de Betanzos
Un home faleceu durante o día de hoxe na localidade coruñesa de Betanzos, tras caer ao río Mandeo, segundo informou o 112. Os feitos tiveron lugar no Paseo da Tolerancia sobre as 16:00 horas.
A central de emerxencias informou de que durante o rescate os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida. No operativo participaron os Bombeiros de Betanzos, Protección Civil, Policía Local e Garda Civil.
MORTE DUN PESCADOR EN NARÓN
Na xornada de hoxe tamén se produciu outro accidente mortal en Narón, coa caída dun pescador desde o alto dun cantil na parroquia de Ou Val, segundo informou a central de emerxencias de Galicia
Para o rescate do home foi mobilizado o helicóptero Pesca II, que realizo o seu traslado á praia de Campelo. Alí, os servizos sanitarios só chegaron a poder certificar a súa morte.
No operativo interviñeron tamén os Bomeros de Ferrol e Narón, ademais da Policía Local e a Protección Civil de Valdoviño.
Escribe o teu comentario