A Batalla Naval da Coruña regresa este domingo á enseada do Orzán despois de dous anos sen celebrarse

A Batalla Naval da Coruña volverá hoxe á enseada do Orzán con máis de media tonelada de lumes pirotécnicos


|

Batalla Naval da Coruu00f1a
Batalla Naval da Coruña / Foto: coruna.gal

A Batalla Naval da Coruña, con 12.000 unidades pirotécnicas,volve este domingo á enseada do Orzán. O espectáculo, que terá unha duración superior aos 20 minutos, inclúe a utilizaciónde un total de 734 quilos de lumes pirotécnicos.

 

A Batalla Naval da Coruña, que contará con 12.000 unidades pirotécnicas e 734 quilos de lumes, volverá este domingo para celebrarse, despois de dous anos de parón pola pandemia, na enseada do Orzán. O espectáculo celebrarase ás 23:30 horas e terá unha duración de 20 minutos.
 

Dispoñeranse, como é habitual, dúas zonas de disparo de lumes. A principal estará situada na coraza das Escravas. Desde aí lanzaranse máis de 8.00 unidades pirotécnicas, cun peso total de case 611 quilos. A segunda zona de disparo será o Matadoiro, onde se lanzarán case 4.000 unidades de lumes pirotécnicos, cun peso de máis de 123 quilos.

O espectáculo desenvolverase en 15 diferentes fases de disparo, cunha duración aproximada de minuto e medio cada unha, nunha proposta que a empresa encargada definiu como "orixinal e impactante".

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE