Outro veleiro remolcado na Costa da Morte despois dun novo encontro cun grupo de orcas

Un novo incidente protagonizado por orcas en Galicia provocou que un veleiro tivese que ser remolcado ao norte da Coruña tras sufrir a rotura do temón.


|

Dous adultos e tres menores tiveron que ser asistidos por Salvamento Marítimo despois dun novo episodio con orcas na costa de Galicia. 

 

O veleiro tivo que ser remolcado ao norte da Coruña tras sufrir a rotura do temón logo do encontro cos curisoso animais.

 

 

Un novo incidente protagonizado por orcas en Galicia provocou que un veleiro tivese que ser remolcado ao norte da Coruña tras sufrir a rotura do temón.

Segundo informa Salvamento Marítimo a Europa Press, sobre as 13,00 horas, o veleiro 'Triola' pediu auxilio despois de recibir varios golpes por partes dunhas orcas.

Dous adultos e tres menores conformaban a tripulación da embarcación, que foi remolcada pola Salvamar Betelgeuse.

Nas últimas semanas, tiveron lugar diversos incidentes con orcas en augas da costa galega, varios deles nos últimos días na Costa da Morte. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE