​Tellado di que Feijóo viaxa para "atraer investimentos" e non a "beber mojitos" coma o bipartito

O secretario xeral do PPdeG defende a viaxe a Israel, ante as críticas da oposición. "Seguen avergoñados e pensan que nós actuamos coma eles", afirma.


|

Miguel tellado ppdegEn 2008, o bipartido pagou na Habana unha factura de 400 mojitos.

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, defendeu a viaxe a Israel de Núñez Feijóo para "atraer capital e investimentos" estranxeiros e "colocar a Galicia no mapa da economía global".


Así respondeu Tellado nunha rolda de prensa este venres ás críticas que realizaron todos os grupos da oposición sobre a estancia do mandatario autonómico neste país. A portavoz do BNG, Ana Pontón, afirmou que ou ben o xefe do Executivo autonómico "ten o norte perdido" ou "ampara e colabora cun Estado criminal".


"Púxonos en contacto con novos mercados, e por tanto con novos socios de futuro", declarou Tellado á vez que incidiu na visita do presidente a "un dos principais congresos mundiais de investigadores e sectores clave da economía galega, coma o automobilístico, o agroalimentario ou o aeronáutico".


E é que, nas súas palabras, visitas como a do presidente a Israel "colocan a Galicia no mapa da economía global e póñena á altura dos territorios máis atractivos para investir" e atraer capital exterior que "pode axudar a resolver os problemas de emprego" da Comunidade galega.


TURISMO "DE LUXO E MOJITOS"


En alusión directa aos grupos da oposición o secretario xeral dos populares afirmou que "entenden as críticas a condición de que esas críticas sexan porque pensan que o PP fai o mesmo que fan eles cando saen de Galicia".


Con respecto ás 'mareas', Tellado criticou que "xunten os seus alcaldes para celebrar o ben que o fan e para reunirse con eles mesmos". Ademais, acusou ao goberno do bipartito do ex presidente socialista Emilio Pérez Touriño de utilizar as viaxes institucionais "para facer turismo de luxo e beber mojitos a cargo das arcas públicas".


"Entendemos que, ante aquel recordo, seguen avergoñados e pensan que nós actuamos coma eles, pero a verdade é que non", sentenciou.


Refírese Tellado a polémica do 2008 por unha factura dun acto da participación galega na feira do libro da Habana, á que foron convidados editores, escritores e artistas onde se serviron 400 mojitos.


relacionada ​Miguel Tellado: "Os populismos de dereitas chámanse Ciudadanos"
relacionada ​Feijóo pon rumbo a Israel con reproches de falta de "resultados" nas misións comerciais
relacionada Israel bloquea a entrada en Gaza dunha delegación de deputados españois

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE