​O pai de Diana Quer presenta dous millóns de firmas pola prisión permanente revisable

|

Firmas ppr quer casteloAs firmas están recollidas nunha campaña na internet.


Juan Carlos Quer, pai de Diana, e Juan José Cortés, pai de Mari Luz, presentaron este sábado en Santiago de Compostela os dous millóns de apoios recollidos en apenas uns días na petición contra a derrogación da prisión permanente revisable, unha iniciativa que herdou as firmas que empezou a recoller Rocío Viéitez, a nai das nenas asasinadas polo seu pai en Moraña.


Nunha rolda de prensa, Juan Carlos Quer confiou en que, con esta petición, a morte da súa filla "non sexa unha páxina máis nos sucesos" e que se poida facer unha "sociedade máis segura" evitando que "asasinos e violadores sen reinsertar" saian en liberdade.


O pai de Diana Quer, que defendeu que esta é unha "iniciativa cidadá" sen "adscrición política de ningún tipo", repetiu en varias ocasións que "oito de cada 10 españois apoia a prisión permanente revisable" e quixo facer fincapé no termo "revisable" para criticar que "algún representante político tente desinformar indicando que isto é unha cadea perpetua encuberta".


NON BUSCAN "VINGANZA"


Do mesmo xeito, Juan Carlos Quer rexeitou que con este tipo de penas se busque "vinganza". "Detrás de cada unha das nosas palabras o único que hai é tentar concienciar a sociedade de que xa abonda, xa abonda de dianas, de martas... Cantas teñen que pasar para que non digan que isto é lexislar en quente?", dixo o pai de Diana Quer.


Nesta liña, lembrou a figura do violador do estilete, que volveu ser detido por unha nova agresión, e clamou para que se "lexisle" co obxectivo de que "non se poñan na rúa a pederastas e violadores en serie" que "non están reinsertados".


"O único que mitiga a dor da perda da miña filla é que sirva para que isto non volva pasar", sentenciou.


A FERRAMENTA PARA A REINSERCIÓN


Pola súa banda, o pai de Mari Luz Cortés lanzou un chamamento aos partidos políticos apuntando que a sociedade "non quere máis violadores e asasinos non reinsertados na rúa" e destacou que a prisión permanente revisable é a "ferramenta" para lograr isto.


Juan José Cortés referiuse ao asasino da súa filla, que permanece en prisión desde hai 10 anos e que, segundo o código penal antigo "que queren restaurar", poderá "saír á rúa en tres ou catro anos". A maiores, criticou, o asasino da súa filla "volverá á rúa sen unha avaliación da reinserción", polo que "posiblemente volva reincidir" e "tente deixar menos pegadas".


relacionada ​O PP leva á rúa a recollida de firmas pola prisión permanente revisable
relacionada ​A campaña na rede pola prisión permanente revisable, a máis existosa da historia
relacionada A petición a favor da prisión permanente multiplica o apoio por 15 en menos dunha semana

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condicións de uso Consello editorial
Powered by Bigpress